A Deputación da Coruña investirá este ano máis de 10 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais
O pleno aprobou por unanimidade o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2023, que contempla a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros da rede de estradas da Deputación
Xunto co plan de limpeza e reparacións urxentes, supón un investimento medio de 6.400 euros por quilómetro de estrada
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2023 estará dotado cun orzamento de 10.100.010,21 euros.
"O plan contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade nas estradas da provincia", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.
Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,8 millóns en 2023. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.
6.600 euros por quilómetro
Os programas de Conservación, Reparación Urxente e Desbroce das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.600 euros por quilómetro, apunta o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, que entende que "o traballo de mantemento e conservación da rede de estradas da Deputación nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria".
GRUPO 1A ORTIGUEIRA | 298.702,37 |
GRUPO 1B CARIÑO | 243.445,30 |
GRUPO 2 MAÑON E AS PONTES | 173.405,20 |
GRUPO 3 CEDEIRA, CERDIDO E VALDOVIÑO | 266.450,40 |
GRUPO 4 FERROL E NARON | 383.893,48 |
GRUPO 5 MOECHE, SAN SADURNIÑO E AS SOMOZAS | 318.773,10 |
GRUPO 6 ARES, FENE, MUGARDOS E NEDA | 215.145,34 |
GRUPO 7 CABANAS, MIÑO, PADERNE E PONTEDEUME | 256.582,15 |
GRUPO 8 IRIXOA, MONFERO E VILARMAIOR | 419.489,10 |
GRUPO 9 OLEIROS E SADA | 449.675,47 |
GRUPO 10 CAMBRE, BERGONDO E BETANZOS | 407.770,91 |
GRUPO 11 ABEGONDO, CARRAL E OZA-CESURAS | 363.407,17 |
GRUPO 12 ARANGA, BETANZOS, COIROS, CURTIS E OZA- CESURAS | 334.130,03 |
GRUPO 13A FRADES, ORDES, OROSO E O PINO | 235.473,99 |
GRUPO 13B BOIMORTO,MESIA E VILASANTAR | 262.884,31 |
GRUPO 14 MELIDE, SANTISO, SOBRADO E TOQUES | 401.758,70 |
GRUPO 15: ARZÚA, BOQUEIXÓN, O PINO E TOURO | 225.136,04 |
GRUPO 16 ARTEIXO, A CORUÑA E CULLEREDO | 443.795,11 |
GRUPO 17 CARBALLO,CERCEDA E A LARACHA | 328.810,02 |
GRUPO 18 CABANA,MALPICA E PONTECESO | 342.816,29 |
GRUPO 19 CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO | 199.236,34 |
GRUPO 20 CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS | 223.147,30 |
GRUPO 21 AMES, A BAÑA, NEGREIRA E VAL DO DUBRA | 284.120,51 |
GRUPO 22 ORDES, SANTIAGO, TORDOIA, TRAZO E VAL DO DUBRA | 398.196,46 |
GRUPO 23 MAZARICOS, MUROS E OUTES | 245.737,76 |
GRUPO 24 BOIRO, LOUSAME E NOIA | 293.972,60 |
GRUPO 25 BRION, DODRO, PADRON E ROIS | 367.390,35 |
GRUPO 26 AMES, SANTIAGO, TEO E VEDRA | 252.129,44 |
GRUPO 27 BOIRO E RIANXO | 281.324,43 |
GRUPO 28 A POBRA DO CARAMIÑAL, PORTO DO SON E RIBEIRA | 391.136,31 |
GRUPO 34 DP 1914 CARBALLO A PORTOMOURO | 298.781,95 |
GRUPO 35 CORISTANCO, SANTA COMBA E ZAS | 227.754,31 |
GRUPO 36 DP 3404 A SERRA DE OUTES A DUMBRÍA | 265.537,97 |
TOTAL: 10.100.010,21