Club da Raíña Lupa
Achégate á Biblioteca da Deputación da Coruña para ler as mellores obras recentes da Literatura Infantil e Xuvenil galega da man súas autoras e autores
'Non hai idade, hai literatura'
Un club de lectura que naceu ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.
Coordinado por Lois Pérez, gañador da última edición do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, ofrecerá na Biblioteca provincial tres encontros esta primavera mais outros tres en outono. As sesións, nas que as persoas participantes poderán conversar cos autores e autoras das obras seleccionadas, terán lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18 horas do penúltimo venres de marzo, abril, maio, setembro, outubro e novembro.
A primeira cita, o 24 de marzo, ás 18 horas, será con Antía Yáñez e a súa obra "Plan de rescate", Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa 2019.