Estás en:Novas

Lúa Mosquetera

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Lúa Mosquetera

Obra

Lúa Mosquetera

Lúa Mosquera Tenreiro, nada en Miño e graduada en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela, é unha escritora e artista multidisciplinar, definida como activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista.

A súa sinceridade, a súa forza e a súa valentía fan dela unha voz fermosamente desgarradora, que é quen de engulir a mediocridade e o cansazo vital para cuspilos logo en forma de verdade e beleza, xa sexa a través dun poema, unha fotocomposición, unha foto ou un bordado. 

Conta con dous poemarios autoeditados: Rasrás (2018) e Aunque seas rara y seas pájaro (2020). O seu poema "Anorak de pel de caribú", incluído neste volume, mereceu o Premio A[R]itmar de Mellor Poesía da Galiza 2021.

Campioa da Poetry Slam de Compostela (2019/2020), practica o spoken word para espallar a súa palabra e cre no verso como ferramenta de salvación e de loita. Colabora con diferentes músicos como Pablo Seijas ou o grupo Bala. Os seus textos son en castelán e galego.

No ano 2022 saíron do prelo o seu terceiro e cuarto libro: Espíderman (en galego) e ¡Yo vivo! , este último é a súa primeira novela.

Diferentes proxectos que desenvolve na rede: 

Loro Facu, Festival de música e arte en Miño 

stay.bicha: BICHA [Roupa personalizada] 

cuentalobien: Foto bordada x @mosquetera_  

clubdebordado_ : Club de bordado en @lamapacheescuela encabezado por @mosquetera 

Obra  

Rasras (2018)

"Eu só tiña catorce anos cando me dei conta de que a fórmula da felicidade era saúde + familia + ovos fritos. Que era a fórmula da literatura e da poesía, o final de todos os camiños. Porque o literario rodéanos e envólvenos na charcutería, na cola do paro e, sobre todo, nas barras dos bares.

A vergoña fainos humanos e o medo únenos para devolvernos á realidade. Somos pateticamente iguais, todos. Pero dime que iso non é bonito, que non podemos crer ti e eu nun mundo mellor e construílo este domingo, por exemplo, tombados na cama. Podemos reformar, paso a paso, a ilusión polas cousas, a esperanza de frear o avance masivo dos idiotas." (Lúa Mosquetera)

BookTrailer 

Aunque seas rara y pájaro (2020)

"Este libro e todos os sentimentos e situacións que o construíron son para ler sen présa. O que vas atoparte aquí dentro son pequenas pezas que o meu peito construíu ao longo dos últimos dous anos. Que foron bonitos e tamén foron decepcionantes. Como todos os anos que pasan. O fío condutor, se o houbese, serían unhas ansias tremendas de alzar o voo. 

Sería a finalidade deste libro normalizar e desexar, en parte, ser rara e ser paxaro. Porque ser muller, en moitas ocasións, significa ser estas dúas cousas. Poder voar cando creamos que chegou o momento adecuado, sen cargas emocionais, sen culpas, atadas a unha das nosas patiñas. Marcharse lonxe, moi lonxe, ou volver cando pasase o tempo suficiente, sen ter que pedir desculpas co pico. 
(Lúa Mosquetera)

Espíderman (Galaxia, 2022) [GAL P 50]

Espíderman revela que a poesía toda do mundo vive no cotián. Que hai Entroido na morte. Melodía nun axóuxere. Respostas nun vaso de viño. E moitísima verdade nunha ficción. A poesía salva e protexe. E estas páxinas poden amosalo.

- ¡Yo vivo! (La Moderna, 2022) [GAL/17259]

A protagonista desta novela é libreira, apenas chega a fin de mes e ten 38 anos, os mesmos que a súa nai cando lle diagnosticaron leucemia. Entón, ela só tiña 18 e xa nada volvería a ser igual. Pero agora, no presente, sucédense as autofotos en instagram cos vasos do tiger ao fondo, as citas de tinder, os orgasmos vía WhatsApp, os problemas de autoimaxe baixo os mandatos de xénero, os libros de mandalas para colorear e os ansiolíticos. Coma se este libro fora, en realidade, un podcast (ou un longo poema en prosa) sobre o labirinto existencial da xeración millennial.

BookTrailer

Las tardes de RNE. Lúa Mosquetera presenta "¡Yo vivo!" (29/12/2022) 

Artigos e entrevistas

La Voz de Galicia. Entrevista 06/06/2020

La Voz de Galicia. Entrevista 05/10/2022

Nós Diario. Entrevista 09/09/2021

El SaltoTV. A Catapulta 01x02 Lúa Mosquetera 

Poetry Slam Compostela 2019-2020 [Video]

Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal. Entrevista a Lúa Mosquetera, premio aRi[t]mar a Mellor Poesía do Ano 2021 na Galiza 

G24.gal Entrevista 03/10/2022

A autora nas redes:

Instagram: mosquetera_ 

Twitter: @mosquetera_