Uxía Larrosa
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Uxía Larrosa
Uxía Larrosa Villanueva é de Cambre, e o seu traballo desenvólvese principalmente no eido da Banda deseñada como guionista e ilustradora. Tamén ten participado en campionatos de xadrez.
Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, na especialidade de gravado. Cursou tamén estudos no Centro de Estampa Contemporánea de Betanzos e un mestrado en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.
Recibiu varios galardóns en concursos de cómic, o último o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Foi cofundadora do fanzine Sacoponcho e participou cunha historia curta no volume colectivo Licor café.
Obra
• O bico da serea (cómic) Deputación da Coruña, 2023 [LDC/87 e eBiblio]
• Licor café : 13 grolos da Nova banda deseñada galega (cómic) Demo Editorial, 2017 [GAL/17038]
• Sacoponcho (cómic), 2012-2013.
Premios
• XVII Premio Castelao de Banda Deseñada – Modalidade xeral, 2022
• 1.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2018
• 3.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2017
• 1.º premio, Concurso de Cómic Rekalde-Ortzadar, 2014
• 2.º premio, Certame Benito Losada de Banda Deseñada, 2013
Outros traballos da autora
Traballo fin de grao: El idioma de las cosas: ensayo sobre cómo habitar a partir de la palabra
Blogues: A Roxa do Souto e Uximuxi
Ficha da autora en Coruña gráfica
Novas sobre a autora e o seu traballo nos medios de comunicación
Nas Redes
https://www.instagram.com/uximuxi_/
https://www.facebook.com/uxia.larrosavillanueva?locale=ms_MY
https://www.pinterest.es/hiperuxi/