Estás en:Novas

A Deputación da Coruña investirá este ano máis de 11 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais

O pleno aprobou por unanimidade o Plan de conservación de vías provinciais 2024, que incrementa nun 10% o orazamento para a execución de obras de mantemento, reparación de firme e pavimentación nos 2.100 quilómetros da rede de estradas provinciais

Xunto co plan de desbroces e reparacións urxentes, supón un investimento medio de 6.800 euros por quilómetro de estrada

A  Deputación da Coruña investirá este ano máis de 11 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2024 estará dotado cun orzamento de 1.007.924 euros, un 10% máis que o ano pasado.

"O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais ou obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,3 millóns en 2024. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

6.800 euros por quilómetro

Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 6.800 euros por quilómetro, apuntou o deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, que subliñou o incremento dun 10% no orzamento destinado a este fin, xa que "o traballo de conservación da ampla rede de estradas da Deputación para mantela nas mellores condicións é tan importante como a construción de novas infraestruturas para a seguridade viaria".

PLAN CONSERVACION DE ESTRADAS 2024

(1ª Fase)

DENOMINACION DA OBRA

IMPORTE

GRUPO 1A – Ortigueira

194.883,69

 

GRUPO 1B – Cariño

212.800,35

 

GRUPO 2- Mañón e As Pontes

238.587,33

 

GRUPO 3- Cedeira, Cerdido e Valdoviño

341.269,16

 

GRUPO 4- Ferrol e Narón

442.727,81

 

GRUPO 5- Moeche, San Sadurniño e As Somozas

304.531,88

 

GRUPO 6 - Ares, Fene, Mugardos e Neda

332.184,18

 

GRUPO 7- Cabana, Miño, Paderne e Pontedeume

371.278,54

 

GRUPO 8- As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior

446.419,32

 

GRUPO 9 - Oleiros e Sada

449.994,35

 

GRUPO 10- Cambre, Bergondo e Betanzos

449.964,44

GRUPO 11-  Abegondo, Carral e Oza-Cesuras

449.815,31

GRUPO 12- Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras

                    362.179,90 

GRUPO 13A - Frades, Ordes, Oroso e O Pino

                     262.803,89

GRUPO 13B - Boimorto, Mesía e Vilasantar

                     215.434,98

GRUPO 14 - Melide, Santiso, Sobrado e Toques

                     264.292,21

GRUPO 15 - Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro

                     402.851,22

GRUPO 16 - Arteixo, A Coruña e Culleredo

                     449.922,21 

GRUPO 17-  Carballo, Cerceda e Laracha

                     350.923,30 

GRUPO 18 - Cabana, Malpica e Ponteceso

                     399.732,99

GRUPO 19- Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo            

 

193.356,77

GRUPO 20- Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos        

                 231.659,57

 

GRUPO 21 - Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra

 

278.623,66

GRUPO 22 -  Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra

 

398.044,65

GRUPO 23 - Mazaricos, Muros e Outes

               

322.554,58

GRUPO 24 - Boiro, Lousame e Noia

 

346.995,98

GRUPO 25 - Brión, Dodro, Padrón e Rois

 

275.204,80

GRUPO 26 -  Ames, Santiago, Teo e Vedra

 

380.772,82

GRUPO 27- Boiro e Rianxo

 

292.137,21

GRUPO 28 - A Pobra do Caramiñal, Porto do son e Ribeira

 

452.432,88

GRUPO 34.- DP 1914 Carballo a Portomouro

 

355.296,79

GRUPO 35.- Coristanco, Santa Comba e Zas

 

311.958,52

GRUPO 36.- D.P.3404.- Serra de Outes a Dumbría

 

226.289,25

TOTAL……………………………….

11.007.924,54