Estás en:Novas
AUTORAS DA PROVINCIA

Úrsula Heinze

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Concello de Santiago de Compostela

Úrsula Heinze

Úrsula Heinze

Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.

Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.

Obtivo o Premio Merlín de literatura infantil en 1986 coa obra A casa abandonada. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o Premio Blanco Amor (1993) e o Premio Losada Diéguez (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende (Premio Ramón Cabanillas 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995). En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".

Obra

Narrativa

  • O soño perdido de Elvira M. (1982). Xerais. Traducido ao asturiano en 2001.
  • Remuíños en coiro (1984) Xerais. [BM/1146GAL/913]
  • Anaiansi (1989). Xerais. [GAL/2823]
  • "Ancor", en Catro contos de Reis (1991). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 29. 
  • Confidencias (1992). El Correo Gallego, Biblioteca 114 n.º 69.
  • Rodolfo (1992). Contos do Castromil.
  • Culpable de asasinato (1994). Xerais. Traducida ao romanés en 1998. 
  • Polas rúas de Padrón (1994). Ediciós do Castro. [GAL/5119]
  • Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás (2017). Alvarellos Editora.
  • Delirios de pracer (2018). Aira.
  • Flashes (2020). Fervenza. 

Literatura infanto-xuvenil

  • O buzón dos nenos (1985). Galaxia. 
  • Sempre Cristina (1986). Xerais.
  • A casa abandonada (1987). Xerais. [N HEI cas / v]
  • Máis alá de Galicia (1989). Ir Indo. [N HEI mai / v]
  • A nena de ouro (1991). Xerais. [N HEI nen / v]
  • Confidencias (1992). El Correo Gallego [GAL/3605]
  • Nace un campión (1992). Galaxia. [N HEI nac / v]
  • Quérote (1994). Sotelo Blanco. [N HEI qué / v]

Ensaio

  • Arredor da muller en 18 mundos (1985). Xerais.
  • Xente coma min (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478240227.
  • As chamadas linguas e literatura minoritarias (1991).
  • Mulleres (1991). Xerias. [GAL/3406]
  • Fronteiras da alofonía, do alemán ó galego (1993).
  • ... e os domingos, un croissant (2015). Alvarellos.

Poesía

  • Versos de terras distantes (1995).
  • Credo: Gedichte = Poemas (1999). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo. [GAL/8252]
  • Ambra : gedichte = poemas (2001).  Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo, ilustracións, Felipe Criado. Ediciís do Castro. [GAL/14254]
  • Torso: Gedichte = Poemas (2002). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo. [GAL/10312]
  • Nadir: Gedichte = Poemas (2005). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.
  • Nur meer sein/Solamente sen mar (2005).
  • Na pel do insomnio (2008) Follas Novas.
  • Skyline (2008). Espiral Maior. Edición bilingüe con tradución ao galego da propia autora. [GAL/15349]
  • Molto amoroso (2011) Follas Novas. Edición bilingüe.
  • Escolma poética, 1997-2008 (2012). Universidade de Santiago de Compostela.

Tradución

  • O ponche dos desexos de Michael Ende, 1991 (xunto a Ramón Lorenzo).
  • Terra, mar e lume. Poesía de Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro e Serbia, 1996.
  • As galiñas de vento de Günter Grass, 2000, Xerais.

Obras colectivas

  • E dixo o corvo... (1997), Xunta de Galicia.

Premios e recoñecementos

  • Premio Merlín (1986), por A casa abandonada.
  • Premio Blanco Amor (1993) por Culpable de asasinato.
  • Premio Losada Diéguez (1994).
  • II Premio PEN Clube de Galicia (2005).
  • Medalla Castelao (2013)

A autora nas redes

Praza [Entrevista

Nós diario [Entrevista

La Voz de Galicia [Entrevista