Estás en:Novas
AUTORAS DA PROVINCIA

Irene Montero

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Concello de Oleiros: Irene Montero

Irene Montero

Irene Montero

Irene Montero Díaz, tamén coñecida como Irene Montero, escritora e xornalista galega nada no concello de Ferrol, ainda que reside en Oleiros.

Licenciada en Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago e fixo un mestrado de Medios de comunicación na Universidade da Coruña.

É xornalista de profesión, con máis de vinte anos de traballo na comunicación corporativa, despois de pasar por varios medios informativos nos comezos da súa vida laboral. Isto permitiulle facer da escrita o seu oficio, orientado habitualmente a textos informativos e divulgativos.

En 2021 escribe a súa primeira obra literaria, Lúa Nova (Xerais, 2022), coa que consegue gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A protagonista é Lúa Lóngora, de 34 anos e cega de nacemento, está inspirada nunha moza de 16 anos de Santa Cruz, de nome Natalia.

Obra

Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada tropezo coa axuda imprescindible de quen a rodea. Mais chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas, do seu futuro... Os cambios sempre asustan, tamén a Lúa, que ata agora se atreveu con todo.Cunha historia tenra e conmovedora, Irene Montero invita a reflexionar sobre a discapacidade e a relatividade do propio termo. En «Lúa Nova» proponse unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa.

Premios

  • 2021: VIII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, por Lúa nova.

A Autora nas redes