Estás en:Novas
Outras convocatorias

Premios nacionais de comercio interior 2025 – Data límite: 11/02/2026

Premios nacionais de comercio interior 2025 – Data límite: 11/02/2026

Convocatoria:
Premios nacionais de comercio interior 2025

Obxectivo:
Estes premios, creados en 1997, teñen como finalidade recoñecer o labor dos concellos nas actuacións de renovación urbana comercial, así como a contribución do comercio retallista á modernización e dinamización do sector.

Persoas e entidades beneficiarias:
Concellos e outras persoas físicas ou xurídicas.

Categorías e dotación:

  • Premio Nacional ao Compromiso Municipal co Pequeno Comercio, destinado a galardoar as actuacións de renovación urbana comercial no centro das cidades, promoción da actividade comercial e o turismo de compras e apoio ás persoas emprendedoras do sector comercio.
  • Premio Nacional á Traxectoria do Pequeno Comercio, destinado a galardoar a súa traxectoria, permanencia na actividade comercial, o desenvolvemento e modernización da súa empresa mediante a innovación e as novas tecnoloxías, o desenvolvemento empresarial mediante a asociación de empresas, a internacionalización, o sucursalismo e/o a franquía.
  • Premio Nacional ao Emprendemento no Comercio, destinado a galardoar aos comercios novos que contribúan á modernización do sector comercial, á creación de emprego ou á mellora das condicións desde un punto de vista social ou ambiental.
  • Premio Nacional a Centros Comerciais Abertos, destinado a galardoar o asociacionismo comercial para a promoción e desenvolvemento de centros comerciais abertos, mediante a potenciación dos seus órganos xerenciais, a prestación de servizos aos seus asociados e o desenvolvemento de actividades de promoción comercial e atracción do turismo de compras.
  • Premio Nacional ás Ideas Tecnolóxicas aplicables ao Comercio, destinado a galardoar ás persoas, empresas ou entidades que desenvolvan fórmulas innovadoras de base tecnolóxica aplicables aos negocios da actividade comercial retallista ou de áreas comerciais.


O Premio Nacional ao Compromiso Municipal co Pequeno Comercio ten carácter honorífico, sen dotación económica. Esta categoría está especialmente dirixida a concellos e mancomunidades.
O resto de categorías están dotadas con 25.000 euros brutos cada unha.
Poderanse outorgar accésits e mencións en cada unha das modalidades, que terán carácter honorífico.

Prazo:
Presentación de solicitudes ata o 11 de febreiro de 2026.

Documentación e bases:
Bases reguladoras
Resolución completa da convocatoria
Sede electrónica

Contacto:
Ministerio de Economía, Comercio e Empresa
Subdirección Xeral de Regulación e Apoio do Comercio Interior
Correo-e: sgfomon.sscc@economia.gob.es

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal