Estás en:Novas
Outras convocatorias

Accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais - 10/08/2026

Accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais - 10/08/2026

Convocatoria:
Convocatoria para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao financiamento de proxectos e iniciativas que promovan a implementación, a aliñación e a localización da Axenda 2030 nas Entidades Locais

Obxectivos:
As subvencións irán destinadas a subvencionar proxectos ou iniciativas relativos a:
a) Elaboración de plans de implementación da Axenda 2030 no ámbito local.
b) Proxectos para a adaptación de plans estratéxicos municipais á Axenda 2030.
c) Actuacións que respondan as prioridades establecidas no Plan de implementación da Axenda 2030 e/o outros plans estratéxicos existentes cuxo obxectivo sexa ofrecer unha resposta no territorio aliñada coa Axenda 2030.
d) Proxectos de sensibilización e concienciación da Axenda 2030, dirixidas á cidadanía local e/o ao conxunto dos diferentes actores locais, incluíndo a xeración de capacidades.
e) Iniciativas que contribúan a implementar a Axenda 2030 e a facer realidade o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no ámbito local.

O prazo máximo para executar cada proxecto ou iniciativa, será dun ano a partir da publicación da resolución de concesión correspondente.

Entidades beneficiarias:
As entidades locais recollidas no artigo 3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e as agrupacións de entidades locais constituídas conforme ao artigo 11.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, que cumpran con determinados requisitos e regras.

Gastos subvencionables:
- Custos de persoal: retribucións do persoal contratado para o desenvolvemento do proxecto e do persoal alleo á entidade con contrato de arrendamento de servizos ou que realice unha colaboración esporádica.
- Actividades: gastos derivados da realización do proxecto subvencionado, sempre que se podan determinar e sexan necesarios para a execución do proxecto: artigos de consumo, subministración e servizos xerais; alugueiro de bens inmobles; inversións en bens inscribibles nun rexistro público; dietas e gastos de viaxes; gastos de adquisición ou alugueiro de material inventariable e bibliográfico; material funxible como papelería, consumibles ou outros; gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, notariais ou rexistrais, gastos periciais; outros gastos, como os de publicidade e difusión das actividades realizadas, de prestación de servizos profesionais ligados á realización do proxecto, ou outros relacionados directamente coa actividade subvencionada.

Contía da subvención:
A contía máxima destinada para esta convocatoria será de 5.977.299,28 €, que se distribuirán nos seguintes tramos:
a) 1.770.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, ou agrupacións cuxa suma total de poboación non supere os 10.000 habitantes.
b) 2.950.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación superior a 5.000 habitantes e inferior a 100.000 habitantes, ou agrupacións cuxa suma total de poboación non supere os 150.000 habitantes.
c) 1.257.299,28 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións que non se atopen nalgunha das circunstancias previstas nos apartados a e b.

Poderanse subvencionar proxectos cunha contía mínima solicitada de 20.000€ e máxima de 250.000€.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 10/07/2026 - 10/08/2026

Documentación e bases:
Documentos, anexos e información da convocatoria
Bases reguladoras
BDNS
Webinar informativo: Vídeo
Preguntas frecuentes

Sede electrónica:
As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos a través da sede electrónica do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, e irán dirixidas á Dirección Xeral de Axenda 2030, que remitirá a documentación á FEMP como entidade colaboradora. As solicitudes deben formalizarse segundo o modelo normalizado dispoñible na páxina web do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Contacto:
subvenciones.eell@dsca.gob.es

Máis información – Impulso local