Estás en:Novas

A Deputación da Coruña leva ao Concello de Cerceda a obra teatral infantil "4 Monos" programada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no marco das Actividades de Sensibilización e Educación para a Cidadanía Global 2026

A actividade terá lugar no auditorio municipal do Concello de Cerceda o 22 de novembro de 2026 ás 12:30 h. 

A Deputación da Coruña leva ao Concello de Cerceda a obra teatral infantil

4 Monos é un espectáculo onde se mestura teatro con narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos coa finalidade de divertir e educar en valores, mediante o cal se quere facer reflexionar ao público asistente sobre as relacións tanto entre nós coma co medio.

Trátase dunha representación dirixida a público infantil e familiar no que todas as persoas asistentes poidan pensar, divertirse e soñar con outro mundo onde os valores como a igualdade, a cooperación, a convivencia, o respecto e a impatía sexan posibles.

A través de 4 monos, 4 historias, as persoas asistentes descubrirán a verdadeira historia do Lagarto da Saia de Carolina, adentraranse na Amazonía para coñecer un monstro que destruía a selva e asustaba o resto dos animais, achegaranse a unha aldea onde as mulleres conseguiron manter a salvo os seus recursos a través do canto e finalmente coñecerán un mono que por querer evitar as tormentas acabou cambiando a vida dos demais monos.

Esta actividade, ademais do compoñente lúdico ten un importante valor educativo en valores, fomentando o pensamento crítico fronte a calquera discurso de tipo hexemónico, mostrando outras opcións e alternativas, a loita contra os estereotipos, así como a importancia de preservar o noso entorno.

A sección de transición ecolóxica e cooperación con esta actividade quere xerar conciencia, dende as primeiras etapas da educación, das consecuencias que os nosos actos poden ter na comunidade, no medio ambiente e no planeta. 

Obra de teatro 4 Monos:

Data: Domingo, 22 de novembro de 2026 ás 12:30 h

Lugar: Auditorio Municipal de Cerceda

Organiza: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Deputación da Coruña e Concello de Cerceda

Un espectáculo de: Tropa de Trapo, compañía teatral galega formada por Marta Ortiz e Brais das Hortas.