PROGRAMA
Organización das aulas e da xornada
- Deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña
Xosé Luís Penas - Director das aulas
Jorge Mira Pérez - Alcalde de Cabana de Bergantiños
D. José Muíño Domínguez
Aulas
Cousas e movemento do ceo
Borja Tosar, colaborador do planetario da Coruña, máster en astronomía e astrofísica pola Universitat de Valencia
Astrónomo, Máster en Astronomia e Astrofíslca, tamén Máster en Comunicación Cientifica, ámbolos dous pola Unlversitat de Valencla e piloto privado de avións. Colabora co planetario da casa das Ciencias de A Coruna dende hai 16 anos facendo as Postais Planetarias nunha sesión especial de planetario todos os meses. Colabora habitualmente con Onda Cero Coruña, Radio Galega en Efervesciencia, La Voz de Gallcla, Openmind e outros medlos de comunicación así como dando charlas, cursos e conferencias, tamén é coautor da Guía Do Ceo da editorial leporquopais 2007. Antes da pandemla era fácll velo por colexios por toda Gallcla facendo observacións astronómlcas con telescopio e chocolate quente en cunca.
Como definiu a astronomía a orientación dos monumentos antigos? Estudo arqueoastronómico do Dolmen de Dombate
A. César González García
Investigador distinguido no Instituto de Ciencias do Patrimonio. INCIPIT - CSIC
Doutor en Astrofisica (2003; Gronlngen, Palses Baixos). Investigador no Instituto de Clenclas do Patrimonlo, lncipit - CSIC en Santiago de Compostela. A súa investigación en astrofisica centrouse na formación e evolución das galaxlas elípticas a través de simulaclóns de N-corpos. Realizou traballo de campo arqueoastronómico en numerosos lugares, dende Holanda, Alemaña, Bulgaria ou Oriente Próximo ata a Península Ibérica. Ademais levou a cabo campañas para estudar as culturas cláslcas en Anatolia, o Levante e Europa occldental. A súa liña de investigación principal céntrase na poslble relación astronómlca das orientacións de monumentos así como a poslble relación coa paisaxe clrcundante.
Dende 2017 é o Presidente da Sociedade Europea para a Astronomia na Cultura (SEAC ).
Busca dos puntos de último solpor da Europa Continental
Jorge Mira Pérez
Catedrático do departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela
Licenciado e doutor europeo en física, con Premio Extraordinario. Catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela.
Autor de máis de 150 publicacións en liñas de investigación que van dende a física de materiais ata a modelización matemática de sistemas sociais, algunhas delas en colaboración co Premio Nobel 2019 John Goodenough. Finalista do Premio 'Investigador Novel' da Real Sociedad Española de Física, Premio da Real Academia Galega de Ciencias, Premio do Colexio Oficial de Físicos de España e Premio da Crítica Galicia - Investigación.
Director do Departamento de Física Aplicada da USC (2006-2014), colaborador da Secretaría Xeral de Política Cientifica e Tecnolóxica - MEC (2006-2007), director do Programa Conciencia (visitas de Premios Nobel a Galicia) e director da colección de divulgación científica da editorial da USC. Membro do Consello da Cultura Galega e académico correspondente da Real Academia Galega. Membro da comisión de expertos do Goberno de España para a reforma da hora oficial.
Colaborador de programas da Televisión e a Radio Autonómica de Galicia, de TVE-Galicia, RNE- Radio Clásica, Onda Rexional Murcia e do diario La Voz de Galicia. Pola súa actividade divulgativa foi recoñecido, entre outros, co Premio 'Física en Acción', a Medalla de Honra 'Ciencia en Acción', o Premio da Real Sociedade Española, o XXX Prisma especial do xurado - Casa das Ciencias" ou o I Premio de divulgación científica - Real Academia Galega de Ciencias / Xunta de Galicia.
O Camiño do Sol a través da paisaxe
Fernando Rey Daluz
Biólogo experto en imaxe científica e astrofotografía. Director de LuzLux S.L. Cofundador de Solpor.eu
Fernando Rey Daluz é biólogo especializado en conservación de espazos naturais e medio ambiente e experto en imaxe científica e fotografía astronómica.
Especialízase en divulgación da ciencia, levando a cabo documentais para proxectos do CSIC, AEMET, OAPN, IEO ... e a realización de imaxes técnicas para o Museo de Ciencias Naturais de Madrid, Xardín Botónico de Barcelona, así como para outras institucións e editoriais.
Creador de Solpor.eu, xunto a Wireless Galicia, monitorizando o percorrido e as postas de Sol desde o Cabo Fisterra. Colabora coa Fundación Starlight a través da creación de contidos e actividades como o maratón fotográfico Starlight para a concienciación da protección do ceo nocturno. No ano 2015 a NASA publicou unha das súas fotos como imaxe astronómica do día, coa tripla conxunción de Xúpiter Venus e a Lúa sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Na actualidade dirixe LuzLux S.L na creación e produción de contidos gráficos e audiovisuais en diversos ámbitos científicos e publicitarios.
Mesa redonda
Posibilidades de desenvolvemento vinculadas ó observación astronómica na Costa da Morte
Modera:
Santiago Garrido Rial (subdirector da delegación da Voz de Galicia en Carballo), José Muíño Domínguez
(Alcalde de Cabana de Bergantiños), Jorge Mira Pérez, Fernando Rey Daluz, Xosé Luís Penas (deputado de contratación e patrimonio da Deputación da Coruña).