Historia

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación de Coruña, foi creado en 1990, baixo a dirección de Luciano Gómez para poder ofrecer á mocidade que o demandaba unha formación de calidade, profesional e regulada que ata entón non existía na cidade da Coruña.

A especialidade do centro é a danza clásica. Como actividades o Conservatorio celebra espectáculos de danza con repertorio clásico e contemporáneo, e o seu alumnado participa asiduamente en concursos e festivais nacionais e internacionais.

Ao longo destes anos no Conservatorio o alumnado obtivo importantes distincións, gañando primeiros premios en distintos concursos de danza a nivel nacional, e algúns dos bailaríns e bailarinas formados no Conservatorio estiveron ou están hoxe en importantes compañías de danza como o Ballet da Comunidad de Madrid Víctor Ullate, o Ballet de Carmen Roche, o Ballet da Ópera de Múnich, o Ballet de Lisboa, o Ballet de Ángel Corella ou a Hubbard Street Dance de Chicago, Tulsa Ballet (Oklahoma).

Son moitas as satisfaccións obtidas nesta traxectoria, na que centos de alumnas e alumnos formáronse nas aulas do Conservatorio, e na que a Deputación da Coruña seguiu apostando pola danza como expresión artística de primeiro nivel, como demostran as bolsas que cada ano concede aos novos valores artísticos da provincia e nas que hai un apartado especificamente dedicado á danza.

No mes de xuño o Conservatorio celebra a súa gala de fin de curso, que sempre se caracteriza pola elevada calidade do espectáculo.

O centro