Grao elemental

PROBAS DE ACCESO GRAO ELEMENTAL

NORMATIVA APLICABLE

   

Decreto 196/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza (DOG núm. 205, do 23.10.2007)

Circular 3/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regulan as probas de acceso ao grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza do 12 de maio de 2009

ACCESO AO PRIMERO CURSO DE GRAO ELEMENTAL

   

De acordo co artigo 6 do Decreto 196/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza (DOG núm. 205, do 23.10.2007), o procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes físicas e expresivas das persoas aspirantes en relación coa danza, co seu sentido musical e coa idade idónea para iniciar estes estudos.

A realización destes exercicios efectuarase de maneira que ningún deles teña carácter eliminatorio e cualificarase globalmente de 1 a 10 puntos, ata un máximo dun decimal, debendo obter o aspirante unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a proba.

  

1º GRAO ELEMENTAL

Exercicios para avaliar as aptitudes físicas e expresivas en relación coa danza

Exercicios que permitan valorar a amplitude articular e a flexibilidade muscular das extremidades e do tronco.

Exercicios de coordinación corporal que permitan valorar a capacidade psicomotriz.

Exercicios de salto para medir a potencia dos membros inferiores.

Exercicios de improvisación que permitan valorar a creatividade, a musicalidade, a personalidade, a madurez e a capacidade de reacción.

Exercicios para avaliar as aptitudes musicais

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

  • Exercicio sinxelo de percusión corporal en forma de eco.
  • Escoitar un pequeno fragmento musical e marcar o seu pulso.


Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

  • Repetir entoando algunhas notas musicais tocadas polo profesorado.
  • Interpretar unha canción de libre elección.


ACCESO A OUTROS CURSOS DE GRAO ELEMENTAL

   

De acordo coa Circular 3/2009 pola que se regulan as probas de acceso, poderase acceder a calquera outro curso de grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba.

Na proba valoraranse a idade, as aptitudes físicas e musicais, así como tamén os coñecementos e a madurez dos aspirantes.

As probas constarán de diversos apartados, segundo o curso ao que se pretenda acceder e terán crácter eliminatorio.

Cada un dos apartados puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada.

  

2º GRAO ELEMENTAL

A proba constará de tres apartados, cada un deles correspóndese cunha materia do curso anterior, e o cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 70%
b) Danza de Carácter = 15%
c) Música = 15%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica no chan, na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.
A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Chan

• Exercicios de colocación de costas, en dehors de pés e pernas

Barra de fronte

Demi-pliés en 1ª e 2ª, e grand plié en 1ª

• Battement tendu en cruz en 1ª posición

Battement jeté en cruz en 1ª posición a 4 tempos

Rond de jambe à terre en 1ª posición, en dehors e en dedans

Retiré

Centro

• Port de bras, 1º e 2º en dehors e en dedans

• Sautés en 1ª posición

b) Danza de Carácter

Este apartado consistirá na realización de diferentes exercicios no centro estudados no curso anterior, que inclúan: exercicios rítmicos, paso de marcha, paso de polka e desprazamentos polo espazo.

Ritmos

• 2/4 e 3/4

Pasos

• Polka e marcha

c) Música

Este apartado constará de tres partes:
Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas.
Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición.
Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

• Exercicio de percusión corporal en forma de eco: repetir un pequeno fragmento en compás de 2/4 proposto polo/a profesor/a.

→ Células rítmicas empregadas polo/a profesor/a:  

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Escoitar e entoar un pequeno fragmento melódico en compás de 2/4 tocado polo/a profesor/a.

→ Notas musicais empregadas: do, mi, sol

Exercicio para valorar os coñecementos teóricos:

• Contidos: pentagrama; a clave de sol; as notas; as figuras musicais; as calidades do son.

  

3º GRAO ELEMENTAL

A proba constará de tres apartados, cada un deles correspóndese cunha materia do curso anterior, e o cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 70%
b) Danza de Carácter = 15%
c) Música = 15%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.

A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Barra de fronte

Demi-plié e grand plié en 1ª e en 2ª posición, con port de bras de côté e cambré detrás

Battement tendu en cruz en 5ª posición

Battement jeté en cruz en 5ª posición

Rond de jambe à terre en dehors e en dedans

Battement fondu en cruz a 45º

Battement frappé: en cruz, descomposto en 4 ou 8 tempos

Rond de jambe en l´air: de fronte á barra, descomposto en 4 tempos, en dehors e en dedans

Adagio: colocación do retiré e attitude

Grand battement: de fronte á barra a 4 tempos

Centro

Port de bras: en 5ª posición croisé, coordinados coa cabeza

Temps lié: en 5ª posición en cruz, con port de bras

Sautés: en 1ª e en 2ª

Échappés

• Preparación do glissade

b) Danza de Carácter

Este apartado consistirá na realización de diferentes exercicios no centro estudados no curso anterior, que inclúan: desprazamentos nos que se traballe o estilo e o ritmo de danza rusa cos zapatos de carácter e da tarantela con pandeireta.

Ritmos

• 2/4 e 3/4 con estilo de danza rusa e zapatos de carácter

Danza

• Tarantela con pandeireta

c) Música

Este apartado constará de tres partes:
Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas.
Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición.
Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas: 

• Exercicio de percusión corporal en forma de eco: repetir un pequeno fragmento en compás de 2/4 proposto polo/a profesor/a.

→ Células rítmicas empregadas polo/a profesor/a: 

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Escoitar e entoar un pequeno fragmento melódico en compás de 2/4 tocado polo/a profesor/a.

→ Notas musicais empregadas: do, re, mi, sol, la

Exercicio para valorar os coñecementos teóricos:

• Contidos: pentagrama; a clave de sol; as notas; as figuras musicais; as calidades do son; o puntillo; a ligadura de unión; sinais de repetición.

   

4º GRAO ELEMENTAL

A proba constará de catro apartados, cada un deles correspóndese cunha materia dos cursos anteriores, e o cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica (3º) = 70%
b) Danza de Carácter (2º) = 10%
c) Danza Galega (3º) = 10%
d) Música (3º) = 10%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.
A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Barra

Pliés: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés

Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinado con brazos

Battement jeté: en 5ª posición en cruz

Rond de jambe: à terre e porté

Battement fondu: a pé plano e con port de bras

Frappé: de fronte á barra, a terra e ao aire

Adagio: de fronte á barra

• Grand battement

Centro

Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinados con chassé

• Preparación de pirouette en dehors

Arabesques: a terra e ao aire a 45º

Sautés: en 1ª, 2ª e 5ª

Allegro: pequeno allegro de glissade e assemblé

b) Danza de Carácter

Este apartado consistirá na realización de diferentes exercicios no centro, impartidos no segundo curso, que inclúan: desprazamentos nos que se traballe o estilo e o ritmo de danza rusa cos zapatos de carácter e da tarantela con pandeireta.

Ritmos

• 2/4 e 3/4 con estilo de danza rusa e zapatos de carácter

Danza

• Tarantela con pandeireta

c) Danza Galega

Este apartado consistirá na realización de diferentes exercicios no centro que inclúan paseíños, puntos, picados e voltas, tanto de xota como de muiñeira.

Danza

• Execución dunha muiñeira que teña polo menos tres puntos.

d) Música

Este apartado constará de tres partes:
Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas.
Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición.
Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

• Exercicio de percusión corporal en forma de eco: repetir un pequeno fragmento en compás de 2/4 proposto polo/a profesor/a.

→ Células rítmicas empregadas polo/a profesor/a: 

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Escoitar e entoar un pequeno fragmento melódico en compás de 2/4 tocado polo/a profesor/a.

→ Notas musicais empregadas: do, re, mi, fa, sol, la, si

Exercicio para valorar os coñecementos teóricos:

• Contidos: pentagrama; a clave de sol; as notas; as figuras musicais; as calidades do son; o puntillo; a ligadura de unión; sinais de repetición; os compases de subdivisión binaria, 2/4,3/4 e 4/4 ; as familias instrumentais.