Grao profesional

PROBAS DE ACCESO GRAO PROFESIONAL

NORMATIVA APLICABLE

   

Decreto 204/2007, do 11 de outubro, polo que se establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de danza (DOG núm. 212, do 02.11.2007)

Orde do 13 de maio de 2009 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de danza dispostas no Decreto 204/2007, do 11 de outubro (DOG núm. 101, do 26.05.2009)

ACCESO AO PRIMERO CURSO DE GRAO PROFESIONAL

   

De acordo co artigo 10.1 do Decreto 204/2007, do 11 de outubro, para acceder ao primeiro curso das ensinanzas profesionais de danza, cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais.

   

1º GRAO PROFESIONAL

Segundo o artigo 10.3 do devandito Decreto, para a especialidade de danza clásica a proba consistirá en:

a) Exercicios de danza clásica na barra e no centro.
b) Unha danza galega ou de carácter, libremente elixida polo aspirante.
c) Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á escoita activa.

Cada un dos apartados da proba puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada.

O cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 70%
b) Danza de Carácter = 15%
c) Música = 15%

a) Danza Clásica

Barra

Pliés: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés

Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinado con brazos

Battement jeté: en 5ª posición en cruz

Rond de jambe: à terre e porté

Battement fondu: en relevé e con port de bras

Frappé: à terre, en l´air e en relevé

• Adagio: développés en todas as posicións

Grand battement

Centro

Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinado con chassé

Adagio: développés, promenades e arabesques

Valse con pirouette en dehors e en dedans

Sautés: en 1ª, 2ª e 5ª

Allegro: glissade, assemblé e sissonne

Batterie: échappé battu, entrechat-quatre e royal

Puntas

• Quecemento na barra: relevés, ballonés e retirés

• No centro combinación de pasos sinxelos

b) Danza de Carácter

A persoa aspirante poderá elixir entre:

• Execución dunha danza galega, que conteña polo menos catro puntos

ou

• Execución dunha danza de carácter

c) Música

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

• Interpretación de dúas cadeas rítmicas, con precisión no pulso e na acentuación, unha en compás de 2/4 e outra en compás de 3/4.

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Propoñerase un fragmento musical que a persoa aspirante deberá analizar auditivamente, identificando e describindo os seguintes elementos: compás, tempo, forma, carácter e instrumentación.

ACCESO A OUTROS CURSOS DE GRAO PROFESIONAL

   

De acordo co artigo 11 do Decreto 204/2007, do 11 de outubro, poderá accederse a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursados os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

   

2º GRAO PROFESIONAL

Cada un dos apartados da proba puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada.

O cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 75%
b) Danza Galega = 10%
c) Música = 10%
d) Acondicionamento físico = 5%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.
A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Barra

Pliés: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés

Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinado con brazos

Battement jeté: en 5ª posición en cruz

Rond de jambe: à terre e porté

Battement fondu: en relevé e con port de bras

Frappé: à terre, en l´air e en relevé

• Adagio: développés en todas as posicións

Grand battement

Centro

Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinado con chassé

Adagio: développés a 90º, promenades e arabesques ao aire

Valse con medio xiro que conteña pirouette en dehors e en dedans dobre

Sautés: en 1ª, 2ª e 5ª

• Allegro: glissade, assemblé e sissonne de côté e en avant

Batterie: échappé battu, entrechat-quatre, entrechat-trois e royal

Puntas

• Quecemento na barra: relevés, échappés, ballonés e retirés

• No centro combinación de pasos que conteñan pirouette sinxela en dehors, temps lié, échappés, retirés e diagonais de piqué en dedans e chaînés

b) Danza Galega

A persoa aspirante poderá elixir entre:

• Execución dunha danza galega que conteña, polo menos, catro puntos e que os refráns sexan variados (cruzado ao aire e trinta e tres)

ou

• Execución dunha danza de carácter

c) Música

Este apartado constará de tres partes:
Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas.
Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición.
Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

• Lectura dun fragmento rítmico en compás de 6/8 con percusión corporal.

→ Células rítmicas empregadas: 

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Escoita dunha danza caracterizada polo seu ritmo que a persoa aspirante deberá identificar e comentar.

→ Danzas: polka, vals, marcha, muiñeira, tarantela e galop.

Exercicio para valorar os coñecementos teóricos:

• Contidos:

→ Elementos rítmicos aplicados á danza: Anacrusa; notas a contratempo.

→ Compositores vinculados á danza: Adolphe Adam.

d) Acondicionamento físico

Valorarase na proba de Danza Clásica

     

3º GRAO PROFESIONAL

Cada un dos apartados da proba puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada.

O cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 65%
b) Danza de Carácter = 10%
c) Música = 10%
d) Danza Contemporánea = 10%
e) Acondicionamento físico = 5%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.
A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Barra

Pliés: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés

Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinado con brazos

Battement jeté: en 5ª posición en cruz

Rond de jambe: à terre e porté

Battement fondu: en relevé e con port de bras

Frappé: à terre, en l´air e en relevé

Adagio: développés en todas as posicións

Petit battement

• Grand battement

Centro

• Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinado con chassé

Adagio: développés a 90º, promenades e arabesques en l´air

Valse con xiro que conteña pirouette en dehors e en dedans dobre

Sautés: en 1ª, 2ª e 5ª

Allegro: glissade, assemblé, sissonne, temps de cuisse, pas de chat, jeté coupé e grand jeté

Batterie: échappé battu, entrechat-quatre, entrechat-trois, entrechat-cinq e royal

Puntas

• Quecemento na barra: relevés, échappés, ballonnés e retirés

• No centro combinación de pasos que conteñan pirouette dobre en dehors e en dedans, temps lié, échappés, retirés, pas marché, piqué arabesque e diagonais de piqué en dedans, en dehors, soutenu e chaînés

b) Danza de Carácter

A persoa aspirante poderá elixir entre:

• Execución dunha danza galega que conteña, polo menos, catro puntos e que os refráns sexan variados (cruzado ao aire e trinta e tres)

ou

• Execución dunha danza de carácter

c) Música

Este apartado constará de tres partes:
Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas.
Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición.
Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

• Lectura dun fragmento rítmico en compás de subdivisión ternaria con percusión corporal.

→ Células rítmicas empregadas:  

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Escoita dunha danza caracterizada polo seu ritmo que a persoa aspirante deberá identificar e comentar.

→ Danzas: polka, vals, marcha, muiñeira, tarantela, galop e mazurca.

Exercicio para valorar os coñecementos teóricos:

• Contidos:

→ Elementos rítmicos aplicados á danza: Anacrusa; notas a contratempo e síncopas.

→ Compositores vinculados á danza: Minkus e Delibes.

d) Danza Contemporánea

A persoa aspirante deberá executar unha pequena frase coreográfica, marcada polo profesorado, onde se incluirán elementos básicos de técnicas de Danza Contemporánea:

• Posicións en paralelo

• Rodar polo chan

• Péndulos co torso, brazos e pernas

• Caídas e recuperacións

• Contraccións

e) Acondicionamento físico

Valorarase na proba de Danza Clásica

   

4º GRAO PROFESIONAL

Cada un dos apartados da proba puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada.

O cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 60%
b) Repertorio = 15%
c) Música = 10%
d) Danza Contemporánea = 10%
e) Acondicionamento físico = 5%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.
A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Barra

Pliés: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés

Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinado con brazos

Battement jeté: en 5ª posición en cruz

Rond de jambe: à terre e porté

Battement fondu: en relevé e combinado con fouetté

Frappé: à terre, en l´air e en relevé

Adagio: développés en todas as posicións

Petit battement con flic-flac

Grand battement

Centro

Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinado con chassé

Adagio: développés a 90º, promenades e arabesques en l´air

Valse con xiro completo que conteña pirouette en dehors e en dedans dobre, pirouette en arabesque en dedans e pirouette en attitude en dedans

Pirouettes consecutivas desde 5ª posición

Sautés: en 1ª, 2ª, 4ª e 5ª

Allegro: glissade, assemblé, sissonne, temps de cuisse, pas de chat, jeté coupé, petit sissonne, petit assemblé e ballonné

Grand allegro: grand jeté, jeté en tournant, emboités e saut de basque

Batterie: échappé battu, entrechat-quatre, entrechat-trois, entrechat-cinq, royal, cabriole e brisé

Puntas

• Quecemento na barra: relevés, échappés, ballonnés e retirés

• No centro combinación de pasos que conteñan pirouette dobre en dehors e en dedans, temps lié, échappés, retirés, pas marché, piqué arabesque e diagonais de piqué en dedans, en dehors, soutenu e chaînés

b) Repertorio

A persoa aspirante poderá elixir, dentro de calquera ballet de repertorio ou clásico, entre:

• Executar unha variación de solista

ou

• Executar un fragmento de corpo de baile

Vestiario opcional.

c) Música

Este apartado constará de tres partes:
Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas.
Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición.
Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

• Lectura dun fragmento rítmico con percusión corporal.

→ Ritmos empregados: os dos cursos anteriores e notas a contratempo.

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Escoita dunha danza caracterizada polo seu ritmo que a persoa aspirante deberá identificar e comentar.

→ Danzas: polka, vals, marcha, muiñeira, tarantela, galop, mazurca e
polonesa.

Exercicio para valorar os coñecementos teóricos:

• Contidos:

→ Elementos rítmicos aplicados á danza: Anacrusa; notas a contratempo e síncopas.

→ Compositores vinculados á danza: Chaikovsky e Falla.

d) Danza Contemporánea

A persoa aspirante deberá executar unha pequena frase coreográfica, marcada polo profesorado, onde se inclúan os seguintes elementos técnicos:

• Movementos e desprazamentos relaxados polo chan

• Desprazamentos fluídos polo chan

• Xiros por fóra do centro de gravidade

• Péndulos con diferentes partes do corpo

• Pequenos saltos e caídas ao chan

e) Acondicionamento físico

Valorarase na proba de Danza Clásica

    

5º GRAO PROFESIONAL

Cada un dos apartados da proba puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada.

O cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 60%
b) Repertorio = 15%
c) Música = 5%
d) Danza Contemporánea = 10%
e) Acondicionamento físico = 5%
f) Pantomima e interpretación = 5%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.
A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Barra

Pliés: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés

Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinado con brazos

Battement jeté: en 5ª posición en cruz

Rond de jambe: à terre e porté con rond de jambe jeté

Battement fondu: en relevé e combinado con fouetté

Frappé: à terre, en l´air e en relevé

Adagio: développés en todas as posicións

Petit battement con flic-flac

Grand battement

Centro

Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinado con chassé

Adagio: développés a 90º, promenades, arabesques en l´air e penché arabesque

Valse con xiro completo que conteña pirouette en dehors e en dedans dobre

Pirouettes en posicións ouvertes

Tour fouetté

Sautés: en 1ª, 2ª, 4ª e 5ª

Allegro: glissade, assemblé, sissonne, temps de cuisse, pas de chat, jeté coupé, petit sissonne, petit assemblé, ballonné e ballotté

Grand allegro: grand jeté, jeté en tournant, emboités e saut de basque

Batterie: échappé battu, entrechat-quatre, entrechat-trois, entrechat-cinq, royal, cabriole e brisé coupé

Puntas

• Quecemento na barra: relevés, échappés, ballonnés e retirés

• No centro combinación de pasos que conteñan pirouette dobre en dehors e en dedans, temps lié, échappés, retirés, pas marché, piqué arabesque e diagonais de piqué en dehors, piqués en dedans, soutenus, chaînés e tours piqués en arabesque e attitude

b) Repertorio

A persoa aspirante deberá realizar a proba co vestiario requerido pola coreografía elixida e poderá elixir entre:

• A variación do "Paxaro Azul" do terceiro acto da "Bela dormente"

ou

• Calquera outra variación de repertorio clásico

As mozas executarán a variación en puntas.

c) Música

Este apartado constará de tres partes:
Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas.
Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición.
Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.

Exercicio para valorar as aptitudes rítmicas:

• Lectura dun fragmento rítmico con percusión corporal.

→ Ritmos empregados: os dos cursos anteriores, notas a contratempo e síncopas.

Exercicio para valorar as aptitudes auditivas:

• Escoita dunha danza caracterizada polo seu ritmo que a persoa aspirante deberá identificar e comentar.

→ Danzas: polka, vals, marcha, muiñeira, tarantela, galop, mazurca, polonesa e bolero.

Exercicio para valorar os coñecementos teóricos:

• Contidos:

→ Elementos rítmicos aplicados á danza: Anacrusa; notas a contratempo e síncopas.

→ Compositores vinculados á danza: Adolphe Adam, Minkus, Delibes, Chaikovsky e Falla.

d) Danza Contemporánea

A persoa aspirante deberá executar unha pequena frase coreográfica dun minuto e medio ou dous de duración, onde se inclúan os seguintes elementos técnicos:

• Espirais ascendentes e descendentes

• Caídas e recuperacións

• Movementos circulares con diferentes partes do corpo (cabeza, tronco, cadeiras...)

• Desprazamentos no espazo

• Péndulos

• Emprego de diferentes dinámicas nos movementos

e) Acondicionamento físico

Valorarase na proba de Danza Clásica

f) Pantomima e interpretación

A persoa aspirante deberá presentar unha breve coreografía ou improvisación onde se narre unha curta historia utilizando xestos, así como accións corporais e faciais.

     

6º GRAO PROFESIONAL

Cada un dos apartados da proba puntuarase de 1 a 10 puntos. Será necesario un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados todos os apartados, procederase ao cálculo da media ponderada.

O cálculo da media ponderada axustarase ás seguintes porcentaxes:

a) Danza Clásica = 60%
b) Repertorio = 12%
c) Paso a dous = 10%
d) Danza Contemporánea = 10%
e) Acondicionamento físico = 2%
f) Interpretación = 2%
g) Anatomía = 2%
h) Historia da Danza = 2%

a) Danza Clásica

Este apartado consistirá na execución de exercicios de base académica na barra e no centro, do nivel do curso anterior ao que se pretende acceder.
As mozas realizarán todos os exercicios en puntas.
A duración non será superior a 90 minutos e serán dirixidos e acompañados por profesorado de danza e profesorado pianista do centro.

Barra

Pliés: en todas as posicións, combinados con souplesses e cambrés

Battement tendu: en 5ª posición en cruz, combinado con brazos

Battement jeté: en 5ª posición en cruz

Rond de jambe: à terre e porté con rond de jambe jeté

Battement fondu: en relevé e combinado con fouetté

• Frappé: à terre, en l´air e en relevé

Adagio: développés en todas as posicións

Petit battement con flic-flac

Grand battement

Centro

Battement tendu: en 5ª posición en cruz combinado con chassé

Adagio: développés a 90º, promenades, arabesques en l´air e penché arabesque

• Valse con xiro completo que conteña pirouette en dehors e en dedans dobre

Pirouettes en posicións ouvertes

Tour fouetté

Sautés: en 1ª, 2ª, 4ª e 5ª

Allegro: glissade, assemblé, sissonne, temps de cuisse, pas de chat, jeté coupé, petit sissonne, petit assemblé, ballonné e ballotté

Grand allegro: grand jeté, jeté en tournant, emboités e saut de basque

Batterie: échappé battu, entrechat-quatre, entrechat-trois, entrechat-cinq, royal, cabriole e brisé coupé

b) Repertorio

A persoa aspirante deberá realizar a proba co vestiario requerido pola coreografía:

• As mozas deberán executar a variación de Kitri de "O Quixote" (variación do abanico, 3º acto) e executarán a variación en puntas.

• Os mozos deberán executar a variación de Basilio (3ª acto)

c) Paso a dous

A persoa aspirante deberá realizar a proba cunha parella que deberá traer o/a aspirante.

Deberán executarse os seguintes exercicios:

• Equilibrios en distintas posicións

• Piruetas

• Portés

d) Danza Contemporánea

A persoa aspirante deberá presentar unha coreografía dun minuto e medio ou dous de duración, utilizando o corpo con liberdade e de maneira harmónica, combinando enerxía, tempo e espazo.

Exercicios:

• Desprazamentos a rentes do chan

• Saltos

• Xiros

• Uso de diferentes motores corporais e puntos de apoio.

• Emprego de diferentes dinámicas de movementos

• Cambios de niveis

e) Acondicionamento físico

Valorarase na proba de Danza Clásica

f) Interpretación

A persoa aspirante deberá presentar unha coreografía ou variación que servirá para avaliar o seu nivel interpretativo.

Teranse en conta os seguintes elementos:

• Expresividade adecuada ao tema da coreografía ou variación presentada.

• Naturalidade dos movementos.

• Utilización da música en función dos movementos realizados.

g) Anatomía

A proba consistirá na realización dun exame escrito sobre a materia.

Contidos:

• Esqueleto humano. Ósos: nomenclatura, composición, tipos etc.

• Músculos: nomenclatura, onde nacen e onde se inseren, que moven etc.

h) Historia da Danza

A proba consistirá na realización dun exame escrito sobre a materia.

Contidos:

• As orixes do ballet: " o ballet de cour"," ballet d´action", Noverre.

• Romanticismo: María Taglioni, Fanny Elssler, Carlota Grissi, Jules Perrot.

Ballets da época.