Cristina Capelán destaca o traballo da Liga Reumatolóxica Galega nos premios Liga con Nós 2022
O Pazo de Mariñán acolleu esta tarde o acto de entrega dos premios Liga con Nós 2022, organizados pola Liga Reumatolóxica Galega coa colaboración da Deputación da Coruña.
A deputada Cristina Capelán actuou como anfitrioa do acto de entrega "duns galardóns moi especiais, que premian o compromiso e a loita contra as enfermidades reumatolóxicas, patoloxías que durante moitos anos foron descoñecidas e que grazas a persoas e entidades como as que homenaxeamos aquí deixaron o seu anonimato para poder combatelas".
Capelán subliñou o traballo da Liga Reumatolóxica Galega, "que desenvolve un labor fundamental para mellorar a calidade de vida dos afectados polas enfermidades reumáticas, axudándoos a superalas e convivir con elas, a acceder a tratamentos e a mellorar a súa atención".
"Hoxe agradecemos o labor destes galardoados que representan tamén a administracións, empresas e entidades do mundo da cultura, do eido social ou da saúde", afirmou a deputada.
Os premiados foron a Asociación Poten100mos, Carlos Fernandez; do Hospital de Día da Coruña, a Liga Reumatolóxica Catalana, o Dr. Felix Rubial; da Xerencia do Hospital de Ourense, o doutor Luis Verdes; xerente Hospitalario do Chuac, ao Laboratorio Galápagos España, á Fundación San Rafael, ao Dr. Héctor Castro Bernardino, ao Laboratorio GrunenthalPharma, ao Dr. Alfonso Carregal; da Unidade de Dor do Hospital de Vigo, á Dra. Encarga Amigo; reumatóloga asesora, á Feira da Saúde e Benestar Pontesán de Pontevedra e, a título póstumo a Pedro Brandariz.