Ana Lamas celebra os 40 anos de compromiso coa inclusión de Adisbimur
A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, participou esta tarde en Outes no acto de conmemoración do 40 aniversario da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbimur).
Lamas destacou "os corenta anos de compromiso coa inclusión" da entidade, creada en 1982, e dedicada desde entón "a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade desta comarca, cunha aposta pola integración social, laboral e educativa que desde hai moitos anos conta co apoio da Deputación da Coruña".