Formoso destaca que a AESIA situará á Coruña como referencia estatal no ámbito das TIC
Visitou hoxe coa vicepresidenta Nadia Calviño, a alcaldesa Inés Rey e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a futura sede da axencia no histórico edificio A Terraza da cidade herculina
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe coa vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a futura sede da Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), que se situará no histórico edificio da Terraza, nos xardíns de Méndez Núñez da cidade herculina.
Formoso destacou que a AESIA sitúa a Coruña como referencia estatal e europea no ámbito das TIC. "É un orgullo é un motivo de satisfacción para a provincia e para toda Galicia", apuntou o presidente.