Estás en:Novas

O coworking do Pazo de Arenaza organiza un webinar sobre “Cohousing como nova forma de habitar"

O evento será retransmitido en liña o xoves ás 12.30 horas

Será precisa a inscrición previa na páxina web do coworking do Pazo de Arenaza para poder participar

O coworking do Pazo de Arenaza organiza un webinar sobre “Cohousing como nova forma de habitar

O vindeiro xoves 15 de decembro o coworking do Pazo de Arenaza, integrante da Rede Provincial de espazos de traballo colaborativo, organiza unha xornada sobre novas tendencias en arquitectura, neste caso sobre o "Cohousing como nova forma de habitar".

Este evento en liña terá lugar ás 12.30 horas e será impartido por dous profesionais do sector especializados en Cohousing, como son Nacho Cabal, socio arquitecto, e Jorge Alonso Nicieza, socio fundador e arquitecto, do estudo asturiano F5 Proyectos y Arquitectura.

A primeira charla do ciclo será a "Introdución ao Building Information Modeling", na que se analizarán as vantaxes do modelo BIM sobre o deseño tradicional en CAD, analizando cifras de mellora, a cadea de valor, as oportunidades, os retornos do investimento e demais cuestións asociadas.

Para poder participar nesta xornada e precisa a inscrición previa a través da seguinte ligazón: https://arenaza.pel.gal/events/1415137065/novas-tendencias-en-arquitectura-cohousing

O Pazo de Arenaza é un coworking da Deputación Provincial da Coruña, dispoñible para persoas emprendedoras e novas empresas que estean na procura dun espazo de traballo onde desenvolver o seu proxecto empresarial, especialmente para os pertencentes aos sectores da arquitectura, do urbanismo ou con base tecnolóxica. O espazo conta nas súas instalacións con salas de xuntas, salas de videochamadas, 25 módulos de traballo, unha aula de formación, MakerSpace e laboratorio de realidade virtual á disposición de todos os coworkers.

Pode atopar máis información sobre o coworking do Pazo de Arenaza na súa páxina web: https://arenaza.pel.gal/