Estás en:Novas

A Deputación continúa co seu apoio á liña dirixida aos Centros Comerciais Abertos

O deputado de Promoción económica, Blas García, participou esta mañá na inauguración do II Congreso de Centros Comerciais Abertos de Galicia

A Deputación continúa co seu apoio á liña dirixida aos Centros Comerciais Abertos

O deputado de Promoción económica, Blas García, participou esta mañá no acto de inauguración do II Congreso de Centros Comerciais Abertos (CCA) de Galicia, organizado pola Axencia Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas, en Santiago de Compostela.

Durante a súa intervención comprometeu o investimento da Deputación no eido dos CCA, destacando "o positivo que resulta contar con entes deste tipo nos Concellos, impulsando e fomentando a compra no comercio local".

O deputado subliñou a importancia da colaboración interadministrativa no apoio aos CCA e resaltou "o importante que é destinar recursos e esforzos desde as administracións locais, provinciais e desde o goberno autonómico".