A Asociación Veciñal de Caranza (Ferrol) premia a Deputación da Coruña polo seu apoio á cultura e o deporte
O presidente Valentín González Formoso recolleu o galardón no acto no que se conmemorou tamén o 50 aniversario da entidade
Con motivo do 50 aniversario do barrio, a Asociación de Veciños de Caranza entregou hoxe no Auditorio de Ferrol os premios "Román Piñón", que recoñecen o traballo de persoas e entidades que os apoiaron neste medio século de historia para dotar o barrio de infraestruturas e actividades que melloran a calidade de vida e a convivencia da veciñanza.
A Deputación da Coruña foi premiada polo seu apoio no ámbito da cultura e o deporte, un galardón que foi recollido polo presidente, Valentín González Formoso.
Formoso agradeceu o recoñecemento e destacou que as axudas culturais e deportivas da Deputación chegan a máis de 1.600 entidades da provincia. Así mesmo, felicitou aos responsables da entidade veciñal por estes 50 anos de historia e remarcou a importancia das asociacións veciñais para a dinamización dos barrios.