Estás en:Novas

Formoso e García Ortiz clausuran en Mariñán a reunión dos fiscais de área de España

Formoso e García Ortiz clausuran en Mariñán a reunión dos fiscais de área de España

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o Fiscal Xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes clausuraron esta mañá a reunión dos fiscais de área de toda España que durante estes dous días se celebrou no Pazo de Mariñán.
Formoso agradeceu a presenza do fiscal xeral do Estado para clausurar a reunión nun enclave de tanta tradición como Mariñán, que cada ano acolle a Escola de verán do Ministerio Fiscal, e enxalzou o importante labor que desenvolve a Fiscalía.

Pola súa banda, García Ortiz apelou á importancia da colaboración entre os poderes do Estado e reivindicou á Fiscalía como "clave de bóveda do Estado de Dereito", incidindo no importante papel que desenvolve o Ministerio Público.