Estás en:Novas

Premio extraordinario de ensinanzas artísticas.

Premio extraordinario de ensinanzas artísticas.

O pasado mes de maio, na Cidade da Cultura de Galicia a nosa alumna Laura Sánchez Viqueira recibiu o premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas e no ámbito de Danza na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao curso 2021/2022.

O devandito premio foi concedido pola Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e  Universidades da Xunta de Galicia.

Moitos parabéns polo merecido recoñecemento.