Charo Lopes
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Charo Lopes
María del Rosario López Sánchez, máis coñecida como Charo Lopes é unha activista, fotógrafa e escritora galega, nada en Boiro.
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, Graduada en Fotografía Artística pola ESAD Antonio Faílde e Máster en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña.
Actualmente toma parte do consello de redacción e é responsable da coordinación de imaxe do xornal Novas da Galiza, dirixe o Portal Galego da Língua e é coeditora da revista caleidoscopica.gal. Como fotógrafa especialízase en retratos; no proxecto umaqualquer.com traballa a representación en clave feminista, propoñendo ás modelos un xogo performativo e apropiándose da imaxe como ferramenta de autocoñecemento.
Como poeta gañou premios como o Premio Fiz Vergara Vilariño no 2015 e o XXXV Premio de poesía Cidade de Ourense no 2019. O seu libro Como sucede o fin do mundo foi traducido ao eúscaro. Participou en diversas antoloxías poéticas e festivais, entre os que destaca a antoloxía de poesía galega contemporánea traducida ao finlandés por Rita Dahl Fauna silvestre.
Publicou artigos en revistas como Ardora ou Revista Revirada Feminista.
Como fotógrafa, a súa Serie das terras baldías foi seleccionada no concurso Xuventude Crea 2015 de Artes Plásticas e Fotografía, e participou en diversas exposicións colectivas. Pódese coñecer unha mostra da súa obra artística en Arteinformado.
Obra:
- Como sucede o fin do mundo (Espiral Maior, 2016). [GAL/9735]
- Album (Aira, 2020).