Estás en:Novas

María Lorenzo Miguéns

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

María Lorenzo Miguéns

Obra narrativa

María Lorenzo Miguéns, nada en Tarrío (Laíño, Dodro) é unha autora galega de literatura. Pertencente a unha familia de escritores (o seu pai Manuel Lorenzo Baleirón e o seu tío, o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón), licenciada en Comunicación Audiovisual e Grao en Mestre de Educación infantil.

Obra narrativa:

• Tonas de laranxa, 2012, Xerais. Con Manuel Lorenzo Baleirón. [GAL/16564 e eBiblio]
Obras colectivas
• Certame Contos para a mocidade, 2002, Xunta de Galicia.

Premios

• Accésit no Certame Contos para a mocidade en 2002, por Cabalos azuis.
• Accésit no Premio Carlos Casares de microrrelato en 2007, por O limoeiro.
• Gañadora do Premio Xerais 2012, xunto ao seu pai Manuel Lorenzo Baleirón, por Tonas de laranxa.

Ficha da autora en Xerais.

O xurado do Premio Xerais dixo de "Tonas de laranxa":

É un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora».

Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo.

A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. "Tonas de laranxa" bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade.

O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.