Miriam Couceiro
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Miriam Couceiro Castro é unha escritora e socióloga de Ordes.
Estudou a licenciatura en Socioloxía na Universidade da Coruña, e durante eses anos é cando comeza a desenvolver actividades no activismo lésbico e feminista da cidade herculina gañando, en 2013, o I Premio de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co seu traballo O Feminismo en Galiza: Rural e Urbano, e no 2020 o I Premio do Concurso de Microrrelatos do Concello de Sada.
Ao rematar os estudos de Socioloxía realiza un Mestrado para especializarse en Técnicas de Investigación Social e posteriormente o Doutoramento en Equidade e Innovación Educativa, que remata coa defensa, en marzo de 2019, da súa tese sobre A Representación do Feminismo no Pensamento e Práctica da Acción Docente das Profesoras de Secundaria en Galicia.
Da tese nace a súa primeira obra, publicada en 2020: A Galiza Feminista: Tebras e Alboradas, onde a escritora fai un achegamento a un relato do movemento feminista en Galicia e ás súas fontes de inspiración. Tomou parte en diversas obras colectivas, e tamén ten participado en Xornadas como a II Xornada Universitaria Galega en Xénero
Formada da man de Francisco Castro e Clara do Roxo, as súas influencias e referentes á hora de escribir son os poetas de camposanto ou "graveyars poets" do século XVIII e a literatura de Edgar Allan Poe, Mary Shelley así como o realismo máxico.
Obra
Ensaio
- A Galiza feminista : tebras e alboradas. Galaxia, 2021 [GAL I 215]
Obra colectiva
- O Libro da rosa. Galaxia, 2022 [GAL N 102]
- Tes cinco minutos #1. Galaxia, 2021
A autora nas redes
Ficha da autora na AELG
Nós diario [Entrevista]
Páxina web da autora