Verónica Martínez Delgado
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Verónica Martínez Delgado, nada en Valdoviño, é unha escritora e profesora galega.
Licenciada en Historia da Arte en 1998 pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Historia das Ciencias e das Técnicas, en Física Aplicada, pola mesma universidade en 2016. É profesora de ensino secundario de formación profesional na familia de Servizos socioculturais e á comunidade.
Participou en diversas publicacións periódicas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna, Ólisbos, Festa da Palabra Silenciada, Arraianos, Olga, e en diversos recitais, conferencias, cursos, obradoiros e congresos, sempre relacionados coa poesía e a literatura galegas. En 2018 colaborou na revista Ligeia.
A súa obra foi estudada nos ensaios Ferroláns na historia da literatura galega, de Henrique Dacosta, e Letras de Cal na produción poética galega dos 90, de Miguel Louzao Outeiro. Recentemente publicouse o traballo de fin de grao Verónica Martínez Delgado: unha poeta do século XXI nas marxes do sistema, de Lidia Gladys Cagiao Conde.
Obra
Poesía
- Desterrada do meu corpo (2001). Letras de Cal.
- Deshabitada e sen verdugo (2002). Río Xuvia (Madrid).
- Cara a un solpor de gatos (2005). Tresctres. [GAL/13061]
- Lusocuria (2012). O Figurante Edicións. Instituto de Estudos Miñoranos.
- Cartapedra (2013). Lastura (Madrid).
- Obra reunida (1994-2008) (2013). Amargord (Madrid). Edición bilingüe galego-castelán.
- Refuxio (2014). Toxosoutos. [GAL P 66]
- Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter (2014) A. C. Caldeirón.
- A outra voz (2015). A. C. Caldeirón.
Narrativa
- Mañá, se cadra, non será un día máis (2015), publicado en internet.
Ensaio
- X. M. Tomé. Antolóxica (2007). Universidade de Santiago de Compostela.
- I Encontro Arte e Natureza (2009). Embora.
- Breves notas sobre a historia da Arte aplicadas á intervención sociocomunitaria (2009). Lulú.
- A intervención didáctica nos DEAC (2009) Lulú.
- Didáctica da Educación Infantil desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Inaua Editora.
- Metodoloxía da Intervención Social desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora.
- Pedagoxía da Animación e xestión cultural desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora.
- Didáctica da Atención a persoas en situación de dependencia desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora.
- Intervención Sociocomunitaria (2020). Editorial Premir.
- Intervención socioeducativa para a igualdade desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora.
- Servizos á Comunidade (2020). Editorial Premir.
Premios
- Segundo premio do VII Concurso de relatos breves Repsol no 1994, por Mañá se cadra non será un día máis.
- Gañadora do IV Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1996, por Había tantos homes lilas.
- Gañadora do V Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1997, por Deshabitada e sen verdugo.
- Premio Rosa de Cen Follas no 1998, por Metíchesme cen mil volumes.
- Accésit do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Desterrada do meu corpo.
- Premio do Concurso de Poesía Xove de Alzira no 2001, por Desterrada do meu corpo.
- III Premio de Poesía Afonso Eanes de Cotón no 2004, por Cara a un solpor de gatos.
- Mención de honra no Premio GZ Crea no 2006, por O ladrón de almas.
- Mención no VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2013, por Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter.
- Accésit no Certame de poemas de amor de Foz no 2014, por Xa non hai máis.
- Gañadora do IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2014, por O episodio.
- Segundo premio do Certame Literario Rosalía de Castro da A. C. Rosalía de Castro de Cornellà no 2014, por Test de embarazo positivo.
- Gañadora da sección de Poesía no X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas, por Habitación compartida no materno-infantil.
- Segundo premio no Certame de poesía en lingua galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa en 2018.
- Premio Educa Abanca como Mellor Docente de España na categoría de Formación Profesional en 2018 no posto número 7.
A autora na Rede
Ficha da autora na AELG: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/veronica-martinez-delgado
Canal You Tube Veronica Martínez Delgado: https://www.youtube.com/@veronicamartinezdelgado1338
Caderno da crítica : Literatura galega. Blog de Ramón Nicolás. Manuscritos: Verónica Martínez Delgado
Breve autopoética:
"O que escribo é por riba de todo honesto e sincero. Falo de mundos oníricos, dolorosos, cotiás... Normalmente, é unha poesía sensorial, emocional, excesiva, chea de imaxes. A dor e as referencias artísticas son unha constante na voz que fala xunto coas paisaxes vividas e coa saliva. Sempre hai un momento para as obsesións, para o erotismo e o sexo máis puros, para lembrar con nostalxia o pasado e o futuro perdidos.
A emoción convértese en concepto no tacto. É intenso o achegamento á esencia do visible, á mestura da dor e do pracer, á paixón sen medida."