Dolmen de Dombate
Monumento megalítico no que existen dous túmulos superpostos: Un túmulo recente de 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura que presenta unha cámara poligonal longa, de sete ortostatos, aberta ó exterior a través dun corredor de tres treitos, orientado ó leste, ben diferenciado tanto en planta como en alzada. Este corredor, que aparecía tapado por unha lousa a xeito de porta continúase cara ó exterior a través dun corredor ou dromos existentes na masa tumular. Tanto a cámara como o corredor, presentan importantes restos de arte, sexa gravado ou pintura. É un túmulo antigo de 10,5 metros de diámetro e de 1 metro de altura, cunha estructura interna formada por unha cámara de nove ortostatos aberta ó leste, ó que se accedía por unha entrada en pozo. Adquirido pola Deputación da Coruña segundo escritura pública o 11 de setembro de 1975.
Catálogo en formato PDF (11 MB) : "O dolmen de dombate: Arqueoloxía, Arquitectura e Conservación"
TEMPADA ALTA (de xullo ao 15 de setembro):
Visitas libres: de luns a domingo de 10:00 a 20:30 h.
Visitas guiadas: de luns a domingo de 11 :00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Visitas guiadas cada 30 minutos: comezando a primeira ás 11 :00 e a última ás 19:30 h.
Visitas guiadas nocturnas:
- Xullo: 29
- Agosto: 2 e 30
- Horario: as 23:00 ata as 24:00 h.
Télefonos de contacto:
- Atención ao público/guia: 672 435 736
- Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate: 619 914 973
- Concello de Cabana de Bergantiños (horario de mañá): 981 754 020
Coa colaboración do Concello Cabana de Bergantiños