Estás en:Biblioteca A BPDC para profesionais

A BPDC para profesionais

 

 

I XORNADA DAS BIBLIOTECAS DA PROVINCIA DA CORUÑA

Organiza: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Venres 21 de novembro de 2025

Pazo de Mariñán ( Bergondo)

Programa: 

• 9:30 horas.- Acreditación de asistentes.

• 10:00 horas.- Benvida institucional.

• 10:15 horas.- "A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, unha xanela aberta á provincia". Carmen Ferreiro Villaverde.

• 10:30 horas.- " Unha visión das bibliotecas Municipais". Raquel Herrero Álamo da Biblioteca Municipal de Culleredo.

• 11:00 horas.- "A creación literaria dende as bibliotecas". Pedro Feijoo.

• 11:30 horas.- Pausa café

• 12:15 horas.- "O futuro dos profesionais da documentación: formación universitaria no século XXI" Javier Ruiz Astiz. Coordinador do Máster en Museos, Arquivos e Bibliotecas da UdC.

• 12:45 horas.- Mesa redonda : "Realidades na xestión das Bibliotecas Municipais":

- Biblioteca Municipal de Rianxo: Sofía Carou Ces
- Biblioteca Municipal de Betanzos: Ángel Arcay Barral
- Biblioteca Municipal da Coruña: Mª Milagros García Pérez
- Biblioteca Municipal de Ortigueira: María José Vilasánchez
- Biblioteca Municipal de Carballo: Santiago Daviña Pérez-Schofield

• 14:00 horas.- Almorzo.
• 15:30 horas.- Mesas de traballo.
• 16:30 horas.- Conclusións das mesas de traballo e peche da xornada.
• 17:00 horas.- Visita ao Pazo de Mariñán ( Actividade opcional con prazas limitadas).

 

DESCRIPCIÓN DA XORNADA

A Biblioteca Provincial da da Deputación da Coruña convoca a I Xornada das Bibliotecas da Provincia da Coruña, unha xornada de formación, traballo conxunto, convivencia e debate destinada a todo o persoal traballador das bibliotecas municipais da provincia de A Coruña.

Durante un día completo de traballo as persoas participantes poderán escoitar a diversos relatores e relatoras de relevancia no eido da biblioteconomía, a literatura e a xestión cultural, debatir sobre o traballo diario das bibliotecas municipais da provincia da Coruña e traballar conxuntamente para establecer as metas a alcanzar nos vindeiros anos dentro do sector.

A xornada contará con ponencias en horario de mañá e tarde, talleres de traballo conxunto, visita guiada ao Pazo de Mariñán e un almorzo de convivencia.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Podes facer a túa preinscrición cubrindo o formulario ata o día 11 de novembro de 2025

 

FORMULARIO DE DE PREINSCRICIÓN 

 

Información e contacto en:

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

biblioteca.info@dacoruna.gal e no 981 415 175

 

I-Xornadas-Bibliotecas_Provincial_IG.jpg