Servizos
O servizo de préstamo ofrece ao público a posibilidade de ler ou consultar, durante un tiempo determinado e de balde, os documentos prestables da biblioteca. Para poder facer uso do servizo é preciso ter o carné da biblioteca.
- Préstamo persoal
- Préstamo interbibliotecario
- Préstamo dixital na EiblioDaCoruna
- Préstamo de lectores de libros electrónicos
- Préstamo colectivo a entidades
O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos prestables da biblioteca.
O servizo de préstamo permite poder gozar da colección fóra das instalacións da biblioteca.
Se o material solicitado non se atopa na biblioteca, pode solicitar a súa compra a través do formulario de suxestión de compra.
O servizo de préstamo remata 15 minutos antes da hora de peche da Biblioteca.
– Préstamo persoal a domicilio: realízase directa e individualmente a cada persoa usuaria da biblioteca, no mostrador do 1º andar.
Público adulto
O total de préstamos co carné de público adulto é de 15 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para público adulto e infantil.
Público infantil
O total de préstamos co carné infantil e xuvenil é de 8 por persoa.
Requisitos
Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné da biblioteca,
Renovacións
Os materiais prestados pódense renovar unha única vez:
– Por teléfono, chamando ao 981 080 175
– Na propia biblioteca
– Vía web entrando no catálogo previa identificación co teu nome e o número de carné da biblioteca.
A renovación faise por un período igual ao do préstamo, e faise efectiva desde o momento de realizarse. Isto quere dicir que, se queremos alongar ao máximo o período de prórroga, temos que agardar a facer a renovación ata os os derradeiros días do prazo de préstamo.
Reservas
No caso de querer levar en préstamo un exemplar que está prestado, pódese facer unha reserva na propia biblioteca ou vía web entrando no catálogo.
O número máximo de reservas por persoa é de 3 libros, 3 DVD e 3 CD.
O prazo para recoller as reservas é de 2 días hábiles dende que o usuario ou usuaria é avisado. De non se recoller as reservas, estas quedan anuladas.
Sancións
O atraso na devolución do material, prexudica o bo funcionamento do servizo e, en especial, ao resto dos usuarios.
Se entregas o material fóra de prazo serás penalizado segundo a táboa recollida.
Atrasos Penalización
Igual ou superior a 15 días ou tres de prazos inferiores a 15 días 1 mes
Reincidencia no anterior 3 meses
2ª reincidencia 6 meses
Superior a mes e medio 3 meses
Reincidencia no anterior 6 meses
Superior a 3 meses 6 meses ou cancelación definitiva da tarxeta de préstamo
Lembra que en caso de roubo, perda ou deterioración do material prestado, deberás substituír o exemplar por outro idéntico.
Préstamo interbibliotecario
O préstamo interbibliotecario é un servizo mediante o cal a biblioteca busca e solicita noutras bibliotecas aqueles documentos que non están entre os seus fondos para proporcionarllos ao usuario que os necesite.
É necesario dispoñer do carné da biblioteca para facer uso deste servizo e o usuario farase cargo dos gastos que poida xerar (aprox. 8,00 € en concepto de gastos de envío).
A lectura dos documentos solicitados realizarase exclusivamente nas instalacións da biblioteca e o período de préstamo do orixinal será dun mes, non prorrogable.
Non poden solicitarse máis de 2 documentos dunha soa vez. O peticionario do préstamo é o responsable de garantir a conservación e o bo uso dos documentos.
Préstamo dixital na EbiblioDaCoruna
Para localizar os recursos do teu interese no catálogo da EbiblioDaCoruna podes buscar os materiais nos carruseis (desprazándote lateralmente ou despregándoo completamente pulsando no +), por materias (no menú despregable) ou no buscador que permite a busca por título, autor, ISBN ou ben mediante filtros de temáticas especiais.
Para acceder ó servizo tes que introducir o usuario e o contrasinal, ou acceder á aplicación no teu dispositivo móbil.
- Préstamo
É posible tomar contidos dixitais en préstamo independentemente do número de exemplares en préstamo noutros soportes na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.
Podes tomar en préstamo ata un máximo de cinco contidos dixitais de forma simultánea.
O prazo de préstamo depende do material do que estamos facendo uso. Para os libros dixitais o prazo máximo é de 21 días, as revistas 1 día, as películas 3 días, os xornais 3 horas, os audios e contido educativo 21 días. Sen posibilidade de renovación.
- Devolución
Unha vez finalizado o prazo de préstamo, o contido deixará de ser accesible dende os teus dispositivos. Se queres volver collelo prestado, debes esperar 24 horas.
É posible devolver préstamos antes da data prevista sempre que:
- Non descargaras o libro dixital desde o teu ordenador ou mediante Adobe Digital Editions.
- Non efectuaras máis de dúas devolucións anticipadas nos últimos 21 días.
- Reserva
Se o título do teu interese está prestado, poderás reservalo para desfrutar del cando estea dispoñible:
Seguirase a orde de petición para as reservas.
É posible reservar ata un máximo de dous conidos dixitais de forma simultánea.
Os contidos dixitais admitiren un máximo de cinco reservas por exemplar.
No momento en que o contido dixital estea dispoñible e che corresponda por orde de petición, recibirás unha mensaxe de correo electrónico cun enlace para confirmar o préstamo:
Disporás de 48 horas para confirmar o préstamo, transcorridas as cales sen confirmar o préstamo, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.
En caso de que no momento de activarse a reserva tiveses en préstamo o número máximo de ebooks por lector, non recibirás a mensaxe de aviso e a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector/a en espera.
Por favor, comproba a túa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erróneamente como correo non desexado e, a consecuencia del, poderías perder a túa reserva.
Tamén é posible aceptar a reserva desde a túa conta e desde a app, ademais de que podes activar a opción «Aceptar automaticamente todas as reservas» desde o apartado «Reservas» da túa conta. Deste xeito, cando chegue a túa quenda na lista de reserva, o libro prestarase automaticamente na túa conta, sempre e cando non teñas xa 5 contidos prestados nese momento
Préstamo de lectores de libros electrónicos
A biblioteca conta con lectores de libros electrónicos para o seu préstamo a domicilio.
Para acceder ao servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos é preciso ser usuario/a con carné de adulto (excepto carnés temporais e colectivos), da Biblioteca Provincial da Coruña. Para solicitar o lector fai falta cubrir o formulario de solicitude e presentalo xunto co carné da biblioteca e o DNI no mostrador de préstamo.
O préstamo dun destes dispositivos, que almacenan unha selección de obras libres de dereitos de autor, é de 15 días como máximo, renovables por outros 15. Para iso deberá asinarse unha acta de entrega na que se acepte a normativa de uso. Pódense realizar reservas.
A información ampliada sobre este servizo pode consultarse na sección de información bibliográfica.
Préstamo colectivo a entidades
Trátase dun préstamo colectivo a diferentes entidades (colexios, bibliotecas, centros da terceira idade que deben ter o carné de entidades e que permite dispor dunha colección de ata 100 exemplares durante un tempo máximo de 45 días.
Se eres unha entidade podes solicitar o carné:
Solicitude do Carné de entidades
- Sección Adultos:
A Biblioteca ofrece a todos os clubs de lectura da provincia da Coruña unha selección de títulos para poder levar a cabo a dinamización dos seus clubs. Máis información sobre este servizo premendo aquí.
Ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia a lectores e lectoras na resolución das súas necesidades informativas específicas.
A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:
– Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas. Este servizo proporciónase no mostrador do andar baixo, pero aténdese consultas en todos os andares.
– Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter estatístico, lexislativo...
As fontes para a resolución deste tipo de consultas abranguen a colección da propia biblioteca, a doutras bibliotecas (coa posibilidade de solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario), internet etc.
Este tipo de información bibliográfica e de referencia ofrécese no mostrador do 1º andar.
Con este servizo a biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.
Os materiais obxecto de consulta son todos aqueles non prestables como:
- Obras de referencia: enciclopedias e dicionarios, repertorios bibliográficos...
- Fondos especiais: obras con dedicatorias ou anotacións manuscritas autógrafas, doazóns de especial relevancia...
- Fondo patrimonial
A biblioteca tamén pon a disposición da cidadanía os medios necesarios (postos de lectura, lectores de son e de audiovisuais, etc.) para que as persoas que o desexen tamén poidan consultar os materiais prestables dentro da propia biblioteca sen necesidade de levalos en préstamo.
Para a consulta de fondos especiais, fondos patrimoniais, libros raros ou valiosos, partituras, etc., e todos aqueles que aparezan sinalados no catálogo como de ubicación en "Sala de investigadores", é preciso solicitar cita previa a través da seguinte ligazón:
A biblioteca da Deputación da Coruña ofrece visitas guiadas para escolares, mozos e grupos de adultos pertencentes a algún colectivo ou institución.
Ademais de coñecer as nosas instalacións, a visita pretende amosar todos os servizos, coleccións e actividades que ofrece a biblioteca. As visitas adecúanse ás necesidades e características de cada grupo, para que cada un encontre o seu sitio na biblioteca.
- Se quere unha visita de adultos pode solicitalo enviando un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal no que se indique o número de persoas, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita chamando ao número de telefono: 981 080 176.
- A Bbtk Infantil e a Biblioteca Xuvenil da Deputación da Coruña ofrecen visitas guiadas a grupos escolares de idades comprendidas entre os 2 e os 17 anos. Con estas visitas preténdese que os nen@s coñezan como é unha biblioteca e as posibilidades que lles ofrece.
- No caso da Bbtk Infantil (hasta os 9 anos), trátase dunha actividade interactiva na que os nen@s están en todo momento en contacto cos libros: móstranselles diferentes tipos de materiais, resolven dúbidas... Ao final da visita permíteselles aos nenos moverse libremente pola biblioteca escollendo por si mesmos os libros que desexen. A visita terá unha duración de 45 minutos. Se está interesado en participar nesta actividade pode solicitalo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca.bebeteca@dacoruna.gal indicando o número de grupos, a súa idade, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita se chama ao número de telefono: 981 080 174
- No tocante á Biblioteca Xuvenil (de 9 a 17 anos), o alumnado fará un percorrido polas distintas seccións da biblioteca e descubrirán os fondos especiais, raros e curiosos de acceso restrinxido. A visita concluirá na sección Xuvenil. A duración da visita será de hora e media. Así mesmo, tamén se ofrecen visitas guiadas para alumnado de ciclos superiores ou universitarios con estudos relacionados coa infancia e/ou os libros. Se está interesado en participar nesta actividade pode solicitalo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal indicando o número de grupos, a súa idade, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita se chama ao número de telefono: 981 080 171
A biblioteca proporciona acceso gratuíto a Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.
O servizo de acceso a Internet e ofimática engloba:
- Conexión wifi
A conexión wifi é pública e gratuíta con cobertura en todos os espazos da biblioteca.
O acceso á Internet a través da rede wifi da biblioteca non ten limitacións no tempo de conexión. Para conectarse á wifi da biblioteca é preciso pedir o usuario e contrasinal en calquera departamento da biblioteca.
A utilización deste servizo leva asociado un uso responsable do mesmo, respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a rede.
Conexión á Internet e ferramentas ofimáticas
Os postos de ordenadores con conexión á Internet distribúense na sección de préstamo e na sala xuvenil.
Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións:
- O acceso a este servizo está aberto a todo o público
- Cada persoa só pode darse de alta neste servizo unha vez e ter un único nome de usuario rexistrado
- O tempo máximo para a utilización deste servizo é de 60 minutos diarios ininterrompidos.
- Por motivos de seguridade non se pode escribir no escritorio, instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. Este reiniciarase automaticamente ao remate de cada sesión de xeito que calquera arquivo creado durante a mesma será borrado do equipo.
- Para a creación de documentos a biblioteca proporciona acceso ao paquete de ofimática Open Office. Estes ordenadores tamén poden empregarse para consultar CD e DVD particulares ou da biblioteca así como memorias USB particulares.
- No uso dos recursos da Internet a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
- A biblioteca non se fai responsable en ningún caso da información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta de Internet.
- Na sala infantil e xuvenil hai tamén un ordenador para a consulta dos recursos electrónicos da biblioteca.
A Biblioteca Accesible ten como obxectivo que toda persoa con calquera tipo de discapacidade poida acceder á biblioteca e aos recursos informativos que hai nela, en igualdade de condicións que as persoas sen discapacidade.
A biblioteca pon á disposición dos usuarios e usuarias que o precisen unha colección accesible con libros e audiovisuais.
- Colección Accesible en letra grande
Pequena colección de libros dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Pode localizarse esta colección no catálogo da Biblioteca, especificando "Letra grande" dentro da área colección.
- Servizo de préstamo de lupas
Xa está dispoñible o servizo de lupas para persoas con necesidades visuais especiais. Están dispoñibles para consultar en sala, tanto na sección de préstamo de persoas adultas como na hemeroteca. Solicítaa no mostrador se precisas unha.
Tamén están dispoñibles para as persoas investigadoras de fondos especiais.
Sección da biblioteca onde temos, de forma organizada, coleccións de publicacións seriadas destinadas a servir ao público. Situada na segunda planta, conta con postos de lectura, un computador con acceso en liña, fotocopiadora e lectore-reprodutor de microfichas.
Servizos
Consulta en sala. Lectura de prensa, boletíns e revistas tanto dos últimos números como dos atrasados, así como a consulta de publicacións electrónicas que poderán gardar en disquete, CD, DVD e memoria USB.
Dispón de 1 lector de microfilm (para microfichas, e microfilmes) e 1 computador con acceso en liña, para visualizar o fondo que temos en CD ou en DVD.
Reprografía. (Este servizo rexerase polo establecido na lexislación vixente en materia de copyrigth).
A hemeroteca é de acceso libre e gratuíta, a súa colección está formada por máis de 800 títulos
A reprografía está a disposición das persoas usuarias para a reprodución exclusiva do fondo da biblioteca. No que incumbe aos dereitos de autor e propiedade intelectual respectarase o ditaminado no Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da lei de propiedade intelectual.
As copias realizaranse, exclusivamente, con fins de investigación persoal de carácter cultural ou científico.
Na biblioteca hai dúas máquinas a disposición do público para poder fotocopiar material existente na biblioteca. No primeiro andar da biblioteca; unha na sección da hemeroteca e outra en préstamo.
O custo da fotocopia é de 5 cts. de € por páxina.
A biblioteca ten 160 postos de lectura, distribuídos en 2 plantas.
A lectura e consulta en sala é un servizo ao que pode acceder calquera cidadán sen necesidade de ter o carné de usuario. A colección bibliográfica desta sala é de libre acceso, é dicir, podes coller ti mesmo o exemplar do andel para a súa consulta.
Nestas salas podes ver os fondos bibliográficos de consulta que están excluídos de préstamo: dicionarios, enciclopedias, directorios, anuarios, bibliografías, guías, códigos, repertorios lexislativos e grandes manuais.
- Boletín de novidades outubro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades setembro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades agosto 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades xullo 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletin de novidades xuño 2024. BPDC
- Boletín de novidades maio 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades abril 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades marzo 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades xullo 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades xuño 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades maio 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades abril 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades marzo 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades febreiro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades xaneiro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades decembro 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades novembro 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín novidades outubro 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín novidades setembro 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín de novidades agosto 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín de novidades xullo 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín de novidades xuño 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín de novidades maio 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
- Boletín de novidades abril 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades marzo 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades febreiro 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades xaneiro 2022. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades decembro 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades novembro 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades outubro 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletin de novidades setembro 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín novidades agosto 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades xullo 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades de xuño 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
- Boletín de novidades maio 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña