Estás en:Biblioteca Trámites en liña

Trámites en liña

 

CARNÉ DA BIBLIOTECA PROVINCIAL_Persoas adultas

  • EN LIÑA: Podes obter o carné da biblioteca en liña con CERTIFICADO ELECTRÓNICO ou DNI-e, a través da SEDE ELECTRÓNICA da Deputación da Coruña.

É obrigatorio acompañar a instancia con:

    • SOLICITUDE: Enche a solicitude aquí
    • FOTOGRAFÍA: Achegar unha fotografía.

 

Solicitude de carné da Biblioteca Provincial na Sede Electrónica

 

  • PRESENCIAL: Para obter o carné de persoas adultas de xeito presencial é preciso:
    • Encher a solicitude no mostrador de préstamo da biblioteca.
    • Entregar unha fotografía tamaño carné.
    • Presentar o DNI ou pasaporte.

 

  •  BIBLIOTECA DIXITAL: Para darse de alta na Biblioteca dixital e servizos da EbiblioDaCoruna, tes que encher o formulario:

 

 Solicitude de alta para EBIBLIODACORUNA maiores de 14 anos

 

CARNÉ DA BIBLIOTECA PROVINCIAL_Infancia e Mocidade

  • EN LIÑA: Podes obter o carné da biblioteca en liña con CERTIFICADO ELECTRÓNICO ou DNI-e, a través da SEDE ELECTRÓNICA da Deputación da Coruña.

É obrigatorio acompañar a instancia con:

    • SOLICITUDE: Enche a solicitude aquí
    • FOTOGRAFÍA: Achegar unha fotografía.

 

Solicitude de carné da Biblioteca Provincial na Sede Electrónica

 

 

Podes obter o carné da biblioteca en liña CON CERTIFICADO ELECTRÓNICO OU DNI-e podes facelo na SEDE ELECTRÓNICA da Deputación da Coruña. É preciso encher a solicitude (escoller persoa) e achegar unha fotografía.

 

Solicitude de carné da Biblioteca Provincial na Sede Electrónica

 

Para obter o carné de infantil e xuvenil de xeito presencial é preciso:

- Encher a solicitude na BBTK Infantil (para menores de 9 anos) no 2º andar da biblioteca

- Encher a solicitude na Biblioteca Xuvenil (de 9 a 17 anos) na planta baixa da biblioteca

- A persoa interesada achegará 1 fotografía tamaño carné
- O pai/nai ou titor/titora amosará o DNI.

Para darse de alta no servizo da EbiblioDaCoruna, terás que encher o formulario


Alta na EbiblioDaCoruna menores de 14 anos 

 

CARNÉ DA BIBLIOTECA PROVINCIAL_Entidades

Se a peticionaria é unha entidade, a dirección da institución ou persoa responsable solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará ata dúas persoas autorizadas.

  • En liña:  na SEDE ELECTRÓNICA da Deputación da Coruña CON CERTIFICADO ELECTRÓNICO OU DNI-e. É preciso encher a solicitude para entidades 

 

Solicitude de carné da Biblioteca Provincial na Sede Electrónica

 

 O carné de biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible. Poderá autorizarse  a outra persoa para poder levar en préstamo materiais da biblioteca, no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir. Previamente deberá cubrir unha Autorización de uso do carné por outra persoa (accesible tamén na propia biblioteca).

Calquera cambio nos datos persoais (traslado de domicilio, información de contacto…) deberá comunicarse á biblioteca para que esta poida modificalos para os efectos de comunicacións.

A perda ou deterioración de calquera documento supoñerá a súa reposición.

 

Preguntas frecuentes

  •  Que se necesita para ter o carné da biblioteca?

Para gozar do servizo de préstamo individual, cada usuario debe proverse do carné, que se obterá presentando o DNI e unha foto tamaño carné se o fas de xeito presencial, ou encher os formularios correspondentes se o fas de xeito telemático

Os lectores máis pequechos deben engadir aos datos a sinatura do seu pai, nai ou titor/a no impreso que quede en propiedade da biblioteca e renovar obrigatoriamente a súa solicitude cando pasen ao servizo de préstamo de adultos.

Todas as persoas usuarias comprométense a comunicar calquera variación nos datos que consten no cartón de préstamo durante o período da súa vixencia.

  • En que bibliotecas podo usar o meu carné?

O carné da Biblioteca Provincial da Coruña só dá acceso á biblioteca do mesmo nome.

  • Perdín o meu carné de biblioteca, podo obter un novo?

Expedirase un novo carné de biblioteca unha vez que a persoa usuaria comunique a súa perda ou subtracción.

En calquera caso, é importante que a persoa usuaria comunique inmediatamente á biblioteca a perda do seu carné, co fin de evitar un uso indebido por parte doutra persoa.

  • Podo usar o carné dun amigo ou familiar?

O carné de biblioteca é persoal e intransferible. Unicamente se admite a utilización dun carné alleo cando se xustifique adecuadamente que a persoa está impedida ou sofre unha enfermidade grave e conte coa sua autorización para empregalo.

Podes suxerir que se adquiran aqueles documentos (libros, CD , DVD, CD-Rom, etc) que sexan do teu interese e que non estean na biblioteca. Tamén podes suxerir a adquisición de libros e outros contidos dixitais.

Non se aceptarán suxestións de compra de material do que non pasara un mínimo de 3 meses desde a súa publicación.

Unha vez avaliada a solicitude polo Departamento de Adquisicións da Biblioteca, tramitarase, e nun breve período de tempo, recibirás unha resposta á túa petición. Unha vez recibido e procesado o material, o persoal deste Departamento comunicarache a súa dispoñibilidade.

Solicitude

Calquera consulta, suxestión ou queixa que se che presente sobre a biblioteca podes expórnola por:

  • Participa no concurso HoxeEscriboEn 2024

Acceso ao formulario

  • Cita previa

Obrigatorio solicitar cita previa para:

- Información e consultas sobre EbiblioDaCoruna (bibioteca dixital e club de lectura dixital)
- Investigadores fondos especiais

Solicitude de cita previa

  • Enquisa de opinión

Axúdanos a mellorar

Na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña interésanos coñecer a valoración dos nosos usuarios e usuarias como medio de mellorar a calidade dos nosos servizos.

Valora as instalacións, servizos e recursos da Biblioteca segundo o teu maior ou menor satisfacción con eles.

Grazas pola túa colaboración

Enquisa de opinión