Estás en:Biblioteca E-biblioteca Páxinas de orgullo

Páxinas de orgullo

Que é Páxinas de orgullo?

Páxinas de orgullo é un club dixital especializado en lecturas LGTBiQ+ en colaboración entre a área de políticas de igualdade de xénero e a Biblioteca da Deputación. A Deputación da Coruña leva anos facendo un importante traballo para visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primero formar parte da biblioteca dixital eBiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas municipais da provincia da Coruña.

Pertencer ao club Páxinas de orgullo non ten ningún custo, e está aberto a que podas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

Está moderado por una persoa cualificada e conta co soporte técnico e dinamización do persoal da área de igualdade e da Biblioteca da Deputación.

Como acceder

Para acceder só precisas cumprir os seguintes requisitos:

  1. Estar dado/a de alta na plataforma de préstamo dixital eBiblioDaCoruna. Date de alta, de balde, aquí
  2. Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...

Se as cumpres, podes entrar no club Páxinas de orgullo dende o teu dispositivo.

Identifícate coas túas claves da eBiblioDaCoruna no apartado "Iniciar sesión".

Se non lembras o teu contrasinal, podes recuperalo dende o apartado de "Iniciar sesión" (debaixo da caixa para introducir o teu usuario e contrasinal).

As persoas que usan a app da eBiblioDaCoruna tamén teñen un acceso directo dentro da área de usuario ao "Club de lectura e espazo de aprendizaxe" que conecta directamente co club Páxinas de orgullo.

Unha vez dentro, se queres cambiar o nome co que te identificas para as demais persoas participantes no club, podes facelo premendo no teu nome (arriba á dereita da pantalla), e logo en "Axustes". Aí podes cambiar o nome co que participas no club e a imaxe, se o desexas.

Como participar e que podes facer

  1. Na páxina de inicio do Club de lectura e espazo de aprendizaxe tes as salas de lectura dispoñibles, coa portada dos últimos libros que se leron ou se están lendo. Debaixo de cada un dos clubs tes un botón de "Seguir". Elixe o club Páxinas de orgullo e preme en «Seguir».
  2. Automáticamente aparecerá «Abandonar club». Que teñas esta opción indica que xa estás dentro. Este paso só o tes que facer a primeira vez que te unes, porque xa quedas «anotado/a» para sempre.
  3. Agora preme na portada do libro, e xa entrarás directamente ao club.

Explicamos as pestanas das que consta o club Páxinas de orgullo:

Pestana Información

Nesta pestana de información atoparás unha rápida descrición da sala de lectura na que te atopes e a programación de lecturas para o período en vigor. Ademais, tamén tes o contacto para facernos chegar as túas dúbidas respecto ao funcionamento da plataforma.

Pestana Actividade

Nesta pestana, que só é informativa, atoparás un resumo de toda a actividade que tivo o club, nunha liña temporal: comentarios, participación no chat, fitos temporais que estableza a moderadora, etc. Podes elixir ver a actividade de todo o club, ou ben dunha lectura en concreto, seleccionando no despregable.

Pestana Contido


Na pestana de Contido podes ver a descrición do libro que se está lendo nese momento no club, as datas fixadas para rematar cada capítulo (son orientativas), o encontro programado co autor ou autora de ser o caso, e podes prestar o libro desde o botón habilitado para o efecto. Isto só é necesario se queres un exemplar do libro dixital que che proporcionamos. Se o vas ler nun exemplar que ti xa teñas ou en papel, non é necesario que o collas en préstamo.

Unha vez que o colla prestado, tes a opción de "Ler" (en liña) ou "Descargar" (para descargalo no teu dispositivo e ler sen conexión a Internet). En adiante, a lectura sincronízase coa eBiblioDaCoruna, polo que cando queiras ler este libro podes facelo de varias maneiras: entrando na páxina web do Club, ou ben na páxina web da eBiblioDaCoruna, ou ben na App eBiblioDaCoruna se a tes instalada nos teus dispositivos.

Á dereita tes un histórico onde se van ir engadindo os libros xa finalizados no Club Páxinas de orgullo.

Pestana Foro


Aquí a persoa que modera o club abrirá diferentes conversas ou fíos. Desde esta pestana podes ver todos os fíos que abreu sobre a lectura, e se premes en cada fío podes ler as respostas das persoas participantes e participar ti tamén deixando a túa achega. É o lugar no que se debate sobre o libro.

Pestana Citas


Nesta pestana podes engadir citas do libro que che parezan interesantes. Para facelo, debes ter o libro dixital prestado e lelo desde o propio club. Cando estés lendo no teu dispositivo, selecciona a frase que queiras compartir. Automáticamente vaiche saír a opción de "Compartir". Podes compartir só a cita, ou engadir un comentario persoal de por qué compartes esa cita, qué che transmite, etc.

Tamén verás as citas que comparten o resto de participantes na sala.

Pestana Chat


Nesta pestana pódese conversar de xeito informal con todas as persoas participantes, ou ben con unha en concreto. Habitualmente úsase para comentar cuestións á marxe dos fíos que a moderadora abre na pestana "Foro". Recomendacións doutras lecturas, experiencias con outras obras similares ou da mesma autoría, saudar, compartir dúbidas... Todo aquilo que teña que ver co club e che apeteza compartir co resto de lectores.

Pestana Estatísticas


Nesta pestana poderás controlar a porcentaxe que levas lida do libro e o tempo investido na lectura, sempre e cando esteas a ler o libro dixital.

Pestana sobre o autor ou autora


A persoa que modera o club Páxinas de orgullo pode engadir pestanas adicionais con información sobre a lectura e o autor ou autora, información que pode axudar a situar o libro na súa traxectoria vital e literaria, no seu contexto histórico, e achegar datos relacionados que afonden no coñecemento sobre a obra que estamos a ler.