Campaña da neve 2024
INFORMACIÓN XERAL DA CAMPAÑA XA REALIZADA NO ANO 2024
- DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
- COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2024".
- INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
- ATENCIÓN TELEFÓNICA: O horario de atención telefónica será de 9.30 a 13.30 horas, do 29 de decembro de 2023 ao 15 de febreiro de 2024.Teléfono 981 080 876
- Gorro
- Guantes.
- Gafas de esquí e de sol.
- Anorak térmico.
- Pantalón impermeable ou similar.
- Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
- Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
- Chuvasqueiro.
- Mochila pequena.
- Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
- Pixama, roupa interior.
- Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.
O aloxamento será na propia Estación de Valgrande-Paxares, en Albergues a pé de pista, en réxime alimenticio de pensión completa, almorzo, comida e cea) dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous incluídos), polo que todos os gastos están cubertos.
Non é necesario que o neno/a leve cartos (agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos: refrescos, auga, etc.). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.
Se a/o participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregarllo ao/á monitor/a na saída, xunto co medicamento.
A administración de medicamentos realizaraa o persoal sanitario.
Se se presentan casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas, ... que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao/á pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.
O programa diario será o seguinte (programa tipo e horario orientador que poderá variar en función das condicións climatolóxicas ou do desenvolvemento das actividades):
VENRES | SÁBADO | DOMINGO | LUNS |
Recollida na parada de autobús | Almorzo | Almorzo | Almorzo |
Chegada a Valgrande-Paxares | Esquí con monitores | Esquí con monitores | Esquí con monitores |
Xantar | Xantar | Xantar | Xantar |
Charla de seguridade e rescate | Esquí con monitores | Esquí con monitores | Devolución do material de esquí |
Recollida do material de esquí | Actividades lúdicas de tarde | Actividades lúdicas de tarde | Recollida da equipaxe |
Actividades lúdicas de tarde | Cea | Cea | Regreso e chegada a parada de autobús |
Cea | Veladas lúdicas nocturnas | Veladas lúdicas nocturnas | |
Veladas lúdicas nocturnas | Descanso | Descanso | |
Descanso |
En caso de ausencia de neve, a actividade de esquí será substituída por outra/s xa prevista/s
Está incluído un seguro que dá cobertura a calquera eventualidade que poida producirse durante a viaxe organizada, e que cubre a todos os participantes nesta Campaña de Neve.
Inclúe asistencia médica ilimitada en centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e incapacidade.
En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a.
En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados tanto do contratempo como da súa evolución.O neno/a estará sempre acompañado dun/dunha monitor/a.
A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe
No caso de enfermidade, lesión ou accidente do participante durante o desenvolvemento desta campaña de
neve as actuacións a seguir serán as seguintes:
ENFERMIDADE
- Avaliación sanitaria polo D.U.E. sobre a indisposición.
- O coordinador da campaña dará coñecemento inmediato aos pais, nais ou titores que tomarán a decisión que proceda, e informarase ao persoal responsable da campaña na Deputación da Coruña.
- No caso de que se considerase necesario, trasladarase á persoa participante ao centro de atención médica de referencia según indique a compañía aseguradora da campaña.
- Se a indisposición o permite, a persoa participante continuará na campaña.
LESIÓN OU ACCIDENTE
- En caso de lesión ou accidente, será aplicado o protocolo P.A.S. (Protexer, Alertar, Socorrer), avaliarase a importancia da lesión, e en caso necesario, trasladarase á persoa participante ao centro de atención médica da estación.
- En caso de lesión ou accidente grave ou por recomendación do centro médico da estación, trasladarase ao participante ao centro hospitalario adscrito ao seguro médico contratado durante a campaña.
- O coordinador da campaña dará coñecemento inmediato aos pais, nais ou titores que tomarán a decisión que proceda, e informarase ao persoal responsable da campaña na Deputación da Coruña.
- O coordinador da campaña realizará os trámites administrativos necesarios no centro hospitalario para a correcta cobertura na póliza de seguro de accidentes contratado, informará ao centro médico das condicións persoais do afectado (alerxias a medicamentos, enfermidades diagnosticadas...), así como todo tipo de datos sobre o accidente, acompañando ao accidentado en todo momento ata a chegada dos titores legais. Asemade, o coordinador da campaña informará por escrito as persoas titoras do participante sobre as coberturas do seguro e as actuacións a seguir.
- Salvo naqueles casos en que fose necesario o seu ingreso nun centro hospitalario, se a lesión ou accidente impedise á persoa participante continuar coas actividades da campaña, será recollida pola persoa que asinou a ficha de inscrición ou persoa autorizada.
Non están permitidas as visitas a nenas/os durante a súa estadía. Se por algunha circunstancia algún neno/a ten que abandonar a estación, deberá sernos comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/representante legal
Por razóns de organización e control, non é posible o cambio do autobús asignado.
A cota de 85€ non se reembolsará, agás imposibilidade de iniciar a participación na campaña por enfermidade grave e con xustificación documental previa desta (enténdese por enfermidade grave, a alteración da saúde, constatada por un profesional médico, que implique hospitalización ou necesidade de gardar repouso, e que implique o cesamento de calquera actividade).
De darse esta circunstancia deberá ser comunicada antes do inicio da quenda ao seguinte enderezo de correo electrónico: alba@viajesembajador.com
Se por algunha circunstancia algún neno/a ten que abandonar a estación, deberá ser comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/titor, no impreso que figura nesta web.
A web irá actualizándose con fotos das diferentes actividades
Os nenos/as que leven teléfono móbil deben identificalo na parte traseira do terminal cun adhesivo co seu nome, xa que o monitorado retirarallo cando cheguen á estación.
Establécese o horario de 19:30 a 20:30 horas para que poidan chamar aos nenos/as.
O monitorado entregaralles os móbiles para que poidan realizar e recibir chamadas.
Para quen non leve móbil, os pais/nais/titor terán ao seu dispor os móbiles do monitorado que se indican deseguido, para poder falar co/a neno/a no horario indicado:
- 658 431 241
- 652 813 299
No caso de chamar a través do móbil do monitorado, solicitamos brevidade.
Ter en conta que por tratarse dunha estación de montaña podería haber deficiencias na cobertura móbil.
Na viaxe de volta, entregaránselle os móbiles de seu.
Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes: 686 65 40 60
Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral, en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30: 981 080 876