IV Seminario intensivo de defensa persoal para a muller na provincia da Coruña

A Sección de Deportes da Deputación da Coruña organiza o IV Seminario intensivo de defensa persoal feminina entre decembro do 2025 e abril do 2026.
Os seminarios diríxense a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e os 75 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña.
Cada taller durará tres horas, contará cun máximo de 75 participantes e será gratuíto para as asistentes.
As sedes desta IV edición son Cariño, Bergondo, Camariñas, Cambre, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela e Narón.
A solicitude de participación presentarase a través do formulario de inscrición no portal web de deportes da Deputación nos prazos nel sinalados, ou ben no concello de realización do Seminario.
No caso de ter praza e non poder asistir, pregámoslle que nos comunique a súa baixa na conta info@escuelahkf.es ou no teléfono 670770004, para facilitar a participación doutras persoas.
Grazas!
