Bandeira Traiñas
1. PARTICIPANTES.
Poderán participar na II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña os clubs da provincia que participaron na Liga ACT, na Liga Galega de Traíñas A e B, e no Campionato Galego de Traíñas no ano 2021, que son os seguintes clubs:
- C. Mar de Mugardos
- Club de regatas de Perillo
- Club de remo Cabo de Cruz
- Club de remo Rianxo
- C.R. Puebla
- C.R. Náutico de Riveira
2.CALENDARIO DE CELEBRACIÓN.
A II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña celebrarase durante un día da primeira quincena de setembro de 2021, no Concello de Corcubión, en horario de mañán, aproximado as 12:00 horas.
3.- INSCRIPCION E COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN.
O prazo de inscripción dos equipos participantes para tomar parte na II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña iniciarase ao día seguinte da publicación desta bases na páxina web da Deputación Provincial da Coruña, e remata o día 31 de agosto de 2021 ás 21:00 horas.
As inscripcións realizaránse na Federación Gallega de Remo, que verificará o cumprimiento por parte dos equipos dos requisitos establecidos nestas bases para a sua participación.
Os equipos participantes enviarán á Federación Galega de Remo o compromiso de participación na II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña.
Os equipos participantes deberán documentar perante a Federación Galega de Remo ter en propiedade unha traíña e manter dentro da estrutura do club a tripulación correspondente.
Non estarán autorizadas a participar tripulacións con licenzas federativas pertecentes a clubs distintos aos participantes.
A sustitución, baixa, ou alta dalgunha das entidades participantes deberase comunicar á Deputación con antelación suficiente á realización da proba para autorizar calquera cambio.
todos os participantes na II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña, polo mero feito de realizar a inscrición aceptan as presentes bases e, no caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
4. DESENVOLVEMENTO E NORMATIVA DAS COMPETICIÓNS.
4.1.- Composición das quendas.
Faranse dúas quendas de acordo coa clasificación xeral da Liga Galega de Traíñas A e B e o/os participante/s na Liga ACT ou no Campionato Galego de Traíñas.
4.2.- Reunión de delegados.
Terá lugar na Sede Social do Concello onde se celebre a II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña aproximadamente ás 11:00 horas, para o obxeto de confeccionar as quendas.
4.3.- Campo de regata.
Constará dun recorrido de total de 5.556 m (3 millas mariñas), distribuído en 4 ou 6 largos, para o obxeto de adaptar o Campo de regata ás características do emprazamento para unha maior visibilidade da proba.
4.4.- Balizaxe do Campo de regata.
O club da localidade é o encargado da montaxe do Campo de regata, polo que é necesario dispor dos medios necesarios para poder levar a cabo a devandita balizaxe.
4.5.- Regulamento.
Aplicarase o Regulamento de banco fixo do Cantábrico en bateles, trainerillas e traineras da Federacion Española de Remo (en vigor desde xaneiro de 2016).
4.6.- Responsabilidade civil.
Garantirase o cumprimento do establecido no artº 6 do Real Decreto 62/2008 de 25 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento das condicións de seguridade marítima, da navegación e da vida humana no mar aplicables ás concentracións náuticas de carácter conmemorativo e probas náutico-deportivas.
Seguridade dos deportistas.
Un servicio sanitario e de salvamento debe estar preparado para intervir en terra e na auga durante toda a duración da regata e exercerá súa actividade en estreita colaboración co Presidente do xurado. Así esmo, as embarcacions de salvamento desprazaranse segundo as instruccións deste.
Garantirase o cumprimento do establecido no protocolo FISICOVID-DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia, vixente no momento da celebración da bandeira.
5.- PREMIOS.
A Deputación destina un total de 10.300,00 € para o pago de premios aos participantes na II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña que se repartirán da seguinte maneira en función da clasificación obtida:
CLASIFICACIÓN | IMPORTE |
Primeiro | 2.500,00€ |
Segundo | 2.000,00€ |
Terceiro | 1.800,00€ |
Cuarto | 1.500,00€ |
Quinto | 1.300,00€ |
Sexto | 1.200,00€ |
6.- PAGOS.
A Deputación aboará os premios reseñados na base 5 directamente aos clubes participantes, en función da clasificación obtida e á vista da certificación expedida pola Federación Galega de Remo na que se acrediten os resultados da proba.
Coa finalidade de percibir os premios, que se aboarán mediante transferencia bancaria, os clubes participantes deberán entregar á entidade que resulte adxudicataria do contrato da organización e coordinación da II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña a seguinte documentación:
- Autorización para que a Deputación poda obter as certificaciones da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesorería da Seguridade Social e da Deputación Provincial da Coruña, nas que se acredite que está ao corrente nas suas obrigas.
- Designación da conta bancaria na que se efectuarán os abonos, conforme ao modelo normalizado que figura na páxina web www.dacoruna.gal (só no caso de non tela presentado na Deputación, ou ter sufrido variación)
- Fotocopia do CIF do club. (só no caso de non tela presentado na Deputación, ou ter sufrido variación).
- Enderezo de correo eléctronico de notificación.
7.- DIFUSIÓN PUBLICITARIA.
Na celebración da II Bandeira Feminina de Traíñas Deputación da Coruña á entidade que resulte adxudicataria do contrato da organización e coordinación, deberá facer constar a colaboración da Deputación.
Bases aprobadas por RP nº 31196, do 27 de xullo de 2021.
1. PARTICIPANTES.
Poderán participar na XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña os clubs da provincia que participaron na Liga ACT, na Liga Galega de Traíñas A e B, e no Campionato Galego de Traíñas no ano 2021, que son os seguintes clubs:
- Club de remo de Cedeira Club de Remo de Narón
- C.R. A Cabana-Ferrol
- C. Mar de Mugardos Club de remo Ares
- Centro Deportivo Mariñeiro de Mera Club de regatas Perillo
- A.D. Esteirana de Remo Club de Remo de Muros Club de remo Puebla Club Remo Rianxo
- Club de remo Cabo de Cruz
2. CALENDARIO DE CELEBRACIÓN.
A XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña celebrarase durante un día da primeira quincena de setembro de 2021, no Concello de Corcubión, en horario de mañán, aproximado as 12:00 horas.
3.- INSCRIPCION E COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN.
O prazo de inscripción dos equipos participantes para tomar parte na XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña iniciarase ao día seguinte da publicación das bases na páxina web da Deputación Provincial da Coruña, e remata o día 31 de agosto de 2021 ás 21:00 horas.
As inscripcións realizaránse na Federación Gallega de Remo, que verificará o cumprimiento por parte dos equipos dos requisitos establecidos nestas bases para a sua participación.
Os equipos participantes enviarán á Federación Galega de Remo o compromiso de participación na XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña.
Os equipos participantes deberán documentar perante a Federación Galega de Remo ter en propiedade unha traíña e manter dentro da estrutura do club a tripulación correspondente.
Non estarán autorizadas a participar tripulacións con licenzas federativas pertecentes a clubs distintos aos participantes.
A sustitución, baixa, ou alta dalgunha das entidades participantes deberase comunicar á Deputación con antelación suficiente á realización da proba para autorizar calquera cambio.
Todos os participantes naXXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña , polo mero feito de realizar a inscrición aceptan as presentes Bases e, no caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.
4. DESENVOLVEMENTO E NORMATIVA DAS COMPETICIÓNS.
4.1.- Composición das quendas.
Faranse dúas quendas de acordo coa clasificación xeral da Liga Galega de Traíñas A e B e o/os participante/s na Liga ACT. ou no Campionato Galego de Traíñas.
4.2.- Reunión de delegados.
Terá lugar na Sede Social do Concello onde se celebre a XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña aproximadamente ás 11:00 horas, para o obxeto de confeccionar as quendas.
4.3.- Campo de regata.
Constará dun recorrido de total de 5.556 m (3 millas mariñas), distribuído en 4 ou 6 largos, para o obxeto de adaptar o Campo de regata ás características do emprazamento para unha maior visibilidade da proba.
4.4.- Balizaxe do Campo de regata.
O club da localidade é o encargado da montaxe do Campo de regata, polo que é necesario dispor dos medios necesarios para poder levar a cabo a devandita balizaxe.
4.5.- Regulamento.
Aplicarase o Regulamento de banco fixo do Cantábrico en bateles, trainerillas e traineras da Federacion Española de Remo (en vigor desde xaneiro do 2016).
4.6.- Responsabilidade civil.
Garantirase o cumprimento do establecido no artº 6 do Real Decreto 62/2008 de 25 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento das condicións de seguridade marítima, da navegación e da vida humana no mar aplicables ás concentracións náuticas de carácter conmemorativo e probas náutico-deportivas.
Seguridade dos deportistas
Un servicio sanitario e de salvamento debe estar preparado para intervenir en terra e na auga durante toda a duración da regata e exercerá su actividade en estreita colaboración co Presidente do xurado. Así mesmo, as embarcacions de salvamento se desplazarán segundo as instruccións deste.
Garantirase o cumprimento do establecido no protocolo FISICOVID-DXTGALEGO polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19 no ámbito do deporte federado de Galicia, vixente no momento da celebración da bandeira.
5.- PREMIOS.
A Deputación destina un total de 14.800,00 € para o pago de premios aos participantes na XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña que se repartirán da seguinte maneira en función da clasificación obtida:
CLASIFICACIÓN | IMPORTE |
Primeiro | 2.500,00 € |
Segundo | 2.000,00 € |
Terceiro | 1.800,00 € |
Cuarto | 1.500,00 € |
Quinto | 1.300,00 € |
Sexto | 1.200,00 € |
Sétimo | 1.000,00 € |
Oitavo | 900,00 € |
Noveno | 800,00 € |
Décimo | 700,00 € |
Undécimo | 600,00 € |
Doudécimo | 500,00 € |
6.- PAGOS.
A Deputación aboará os premios reseñados na base 5 directamente aos clubes participantes, en función da clasificación obtida e á vista da certificación expedida pola Federación Galega de Remo na que se acrediten os resultados da proba.
Coa finalidade de percibir os premios, que se aboarán mediante transferencia bancaria, os clubes participantes deberán entregar á entidade que resulte adxudicataria do contrato da organización e coordinación da XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña a seguinte documentación:
- Autorización para que a Deputación poda obter as certificaciones da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesorería da Seguridade Social e da Deputación Provincial da Coruña, nas que se acredite que está ao corrente nas suas obrigas.
- Designación da conta bancaria na que se efectuarán os abonos, conforme ao modelo normalizado que figura na páxina webwww.da coruna.gal (só no caso de non tela presentado na Deputación, ou ter sufrido variación).
- Fotocopia do CIF do club. (só no caso de non tela presentado na Deputación, ou ter sufrido variación).
- Enderezo de correo eléctronico de notificación.
7.- DIFUSIÓN PUBLICITARIA
Na celebración da XXXI Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña á entidade que resulte adxudicataria do contrato da organización e coordinación, deberá facer constar a colaboración da Deputación.
Bases aprobadas por RP nº 31192, do 27 de xullo de 2021.