II Torneo de fútbol alevín Deputación Provincial da Coruña
PARTICIPANTES
Participarán en total un máximo de 36 equipos participantes na liga regular da tempada 22-23 da FUTGAL, na modalidade de F-8 mixto categoría alevín (nacidos nos anos 2010 e 2011).
Os integrantes destes equipos deberán contar coa vixente licenza federativa.
A FUTGAL distribúe actualmente a competición en 4 grupos: Ferrol, A Coruña, Santiago e Costa.
O sistema de selección dos mesmos virá determinado pola súa clasificación na liga regular da tempada 22 -23 da FUTGAL.
Os 9 primeiros clasificados terán dereito a participar no torneo, de non completarse a cota abrirase a inscrición aos seguintes equipos clasificados a tempada 22-23.
As inscripcións para a participación no II Torneo de fútbol alevín Deputación Provincial da Coruña serán gratuitas e se realizarán na sede do S.D. Compostela, dentro do prazo marcado pola empresa adxudicataria, cumprimentando o ANEXO I , adxunto a estas prescripcións técnicas.
MODELO DE COMPETICIÓN.
O sistema de competición será liguilla inicial de catro equipos por grupo e posteriormente eliminatorias divididas en función da clasificación conseguida. Os dous primeiros clasificados pasarán á disputa das eliminatorias na parte principal do cadro e os terceiros e cuartos clasificados pasarán á parte secundaria do mesmo, co fin de que todos os equipos disputen o mesmo número de encontros.
Os partidos terán unha duración de 20' corridos sen descanso; a partir de semifinais (incluídas) os partidos terán unha duración de 30' corridos, con dous tempos de 15', con 5' de descanso entre eles.
O sistema de puntuación será o seguinte:
Cada partido ten un valor de 3 puntos que se contabilizarán na clasificación posterior
Cada un dos tempos ten un valor de 1 punto
▪ 1 punto equipo gañador.
▪ 1/2 punto en caso de empate.
▪ 0 puntos equipo perdedor.
En caso de empate na clasificación, os criterios de desempate serán os seguintes:
▪ Enfrontamento directo.
▪ Menor número de cartóns amarelos e vermellos (amarelas 1pt, vermellas 3pts)
▪ Diferenza de goles.
▪ Goles a favor.
▪ Goles en contra.
REGULAMENTACIÓN DO TORNEO:
Durante as competicións, e exceptuando a modificación das normas específicas para este torneo e comunicadas previamente a todos os equipos, se aplicará a normativa e o sistema de xogo establecido regulamentariamente para a modalidade de F-8 rexida pola FUTGAL.