Estás en:Servizos Sociais Familia e infancia Centro de día de menores de Ferrol

Centro de día de menores de Ferrol

DATOS IDENTIFICATIVOS

  • Titularidade: Deputación Provincial da Coruña
  • Dependencia: Área Servizos Provinciais
  • Nome do centro: Centro de día de menores de Ferrol
  • Enderezo: Rúa Sánchez Barcaiztegui, nº 35
  • Localidade: Ferrol
  • Código Postal: 15401
  • Teléfono: 981369011/ 981369756
  • Fax: 981355350
  • Correo electrónico: centrodiamenores@dacoruna.gal

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

UmaVIwyWq6RtIfB4QKiGq_w,WYMV0aXJQT_fu7a0WUvfkN3BNnX2x2aUoD_Unj0ftkH-M7J5HJrT527C0oGdbQbD4MEIuj0rQbgcBUzqdOb-SscDWaqjX5AnDhD5cd2QWpWDw7OFnHnxv-wTf8I.png

O edificio está ubicado xeográficamente na parte alta do Centro Histórico de Ferrol, no pleno centro da cidade, no barrio da Magdalena, limitando co barrio de Canido.

O seu enclave inclúe o casco urbano de Ferrol, un lugar con fácil acceso e con toda unha rede de transportes públicos axeitados e con proximidade a centros escolares, equipamentos sanitarios e outros servizos comunitarios.

DESCRICIÓN DO CENTRO

Centro de día de menores de Ferrol pertence a la Deputación Provincial da Coruña. Está situado no casco urbano de Ferrol. Dispón dunha capacidade máxima de 75 prazas (70 prazas conveniadas co Concello de Ferrol e 5 co de Narón) distribuídas en 6 unidades educativas.

Cabe destacar que antes de chegar tanto á denominación como á tipoloxía actual, pasou por diferentes etapas, pois a súa orixe se remonta aos anos trinta do século XIX.

Coa aparición da Deputación provincial da Coruña (1836/37) xurde o primeiro centro provincial de Ferrol, chamado “Casa Provincial de Expósitos de Ferrol” ou “Inclusa”. O centro conservou dita denominación ata que o 25 de decembro de 1937 pasou a chamarse “Casa Cuna” e posteriormente, en 1968, “Fogar Infantil de Ferrol”. En 2014 coincidindo coa obtención del PIA (Permiso de Inicio de Actividades) pasa a denominarse “Centro de día de menores de Ferrol”.

Ao igual que a súa denominación, a ubicación do centro tamén sufriu cambios ó longo da historia. Ata marzo de 1936, ano no que se instalou definitivamente no actual edificio, estivo ubicado en diferentes casas ou fincas alugadas pola Deputación da Coruña para tal fin.

Desde os seus inicios, o centro estivo destinado á atención de menores. Nas súas orixes atendían a “nenos e nenas orfos/as, abandonados/as e pobres”. Como exemplo, en 1900 o censo é de 102 nenos/as de entre 4 días e 6 anos, nacidos en Ferrol. Neste período a maioría estaban ausentes, pois se entregaban a nodrizas dos arredores para que os amamantasen a cambio de cartos. Xa en 1956 consta nos arquivos que “hai 112 nenos/as e para atendelos: 7 monxas, 18 muchachas e 3 nenas que alí se teñen criado e crecido”. A atención sempre estivo a cargo da comunidade relixiosa “Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl” e tivo carácter asistencial ata o ano 1993. Nese momento, tras asinar convenios cos concellos de Ferrol e Narón, o centro pasa a ser un recurso de atención de día e adquire o carácter  socioeducativo que se mantén na actualidade.

DEFINICIÓN DO RECURSO

O Centro de día de menores de Ferrol é un centro específico de atención de día para nenos/as (0-12 anos) pertencentes a familias usuarias dos servizos sociais municipais do entorno (Convenios de colaboración cos concellos de Ferrol e Narón). Dispón de prestacións básicas e outras complementarias durante todo o ano, ofrecéndolles servizos de apoio socio-educativo e familiar. O horario do centro é de 8.00 a 22.00 h de luns a venres e de 8.00 a 15.00 h os sábados.

Prestacións:

  • Aloxamento diúrno en instalacións axeitadas.
  • Horario de atención flexible en función das necesidades das familias.
  • Atención durante todo o ano, excepto domingos e festivos.
  • Recollida en algúns centros escolares segundo dispoñibilidade do servizo.
  • Manutención (almorzo, xantar e merenda)
  • Intervención socioeducativa (promoción da saúde, apoio e seguimento escolar…).
  • Animación planificada do tempo libre e materiais necesarios para a realización das actividades.
  • Colaboración na normalización da dinámica familiar.
  • Seguimento e orientación ás familias.

MISIÓN

Recurso comunitario de carácter socio-educativo cuxo programa de traballo está destinado á atención e apoio ó/á menor e á familia. Proporciona como equipamento diúrno, en colaboración con outros recursos, a cobertura de prestacións básicas e educativas dende un enfoque personalizado e flexible; adaptándose e respetando as diferenzas, co obxectivo de fomentar a normalización do funcionamento familiar.

VALORES

  • Personalización: atención e respecto ás diferenzas da persoa.
  • Flexibilidade: oferta de servizos adaptados ás necesidades e circunstancias individuais/ familiares.
  • Normalización: intervención educativa, dende unha perspectiva sistémica, como elemento transformador das dinámicas familiares.
  • Colaboración: traballo cooperativo con outros axentes implicados na intervención.
  • Profesionalidade: entendida como a implicación e participación no proxecto de traballo e a mellora continua das competencias profesionais.

 

A infraestrutura inclúe:

  • Edificios, espazos de traballo e servizos asociados.
  • Equipo para os procesos.
  • Servizos de apoio.

 

O C.D.M.F conta con amplías instalacións (superficie total do solar 3864 m2) divididas en:

A. Edificio central:

Conta con soto, planta baixa, planta primeira e sobrado.

  • Planta soto: está dedicada á zona de caldeiras e zona habilitada para obradoiro de mantemento. Tamén conta cun espazo habilitado para almacén.
  • Planta baixa:
    • Recepción/ Despacho de portería.
    • Recibidor familias/ visitas Dirección.
    • Despacho de Dirección.
    • Despacho de Administración.
    • Despacho de educadores/as.
    • Cociña (cociña, despensa e sala de cámaras frigoríficas)
    • Aulas unidades de 0 a 6 anos con aseos adaptados (3). Unha delas conta con dormitorio.
    • Comedor unidades de infantil.
    • Sala de material.
    • Aseos.
  • Planta primeira:
    • Aulas unidades de 6 a 12 anos (3).
    • Comedor e office.
    • Aseos.
    • Biblioteca.
    • Aula de audiovisuais / música.
    • Aula uso polivalente (manualidades, cursos...)
    • Aula psicomotricidade.
  • Sobrado:
    • Sala de ascensores.
    • Espazo reservado para almacén de material non utilizable e inventariable (pendente de retirada).

B. Zonas exteriores.

Rodean o edificio principal zonas axardinadas e pistas de xogos.

  • Zona de xogos / parque infantil.
  • Pista deportiva.
  • Zona axardinada.

C. Zonas de servizos

  • Lavandería.
  • Dependencias do persoal (vestiarios, aseos e sala de descanso)

ÁREAS EDUCATIVAS

ÁREA DE DESENVOLVEMENTO PERSONAL

DESENVOLVEMENTO FÍSICO
  • Promover nos/as nenos/as actitudes positivas cara á saúde e fomentar hábitos de auto coidado e de vida saudable.
  • Adquirir hábitos básicos de vida saudable (de hixiene, alimentación e saúde).
  • Desenvolvemento condutas nutricionais axeitadas, sans e equilibradas.
  • Realizar un seguimento específico relacionado con indicadores de saúde do/a neno/a.
  • Detectar e previr dificultades que afecten a estas áreas.

 

DESENVOLVEMENTO INTELECTUAL-COGNITIVO
  • Favorecer o desenvolvemento de habilidades de comunicación.
  • Fomentar a capacidade de razoar, reflexionar e a toma de decisións.
  • Promover a exploración física e social.
  • Potenciar e estimular as súas capacidades intelectuais como proceso de crecemento e maduración.
  • Previr e detectar dificultades nos procesos de aprendizaxe.

 

DESENVOLVEMENTO AFECTIVO E EMOCIONAL
  • Acompañar o proceso de maduración e crecemento individual fomentando a súa autonomía e incrementando autoestima e auto confianza.
  • Ofrecer un espazo que favoreza o desenvolvemento e expresión dos seus propios sentimentos e emocións.
  • Ensinar e estimular o desenvolvemento da intelixencia emocional.

 

DESENVOLVEMENTO DE PERSONALIDADE E ACTITUDES
  • Promover actitudes positivas e proactivas.
  • Desenvolver hábitos e actitudes de participación, cooperación e solidariedade.
  • Favorecer a súa convivencia e socialización a través de actividades grupais propias do centro e do seu entorno / comunidade.
  • Favorecer e apoiar o desenvolvemento saudable da personalidade do/a menor.
  • Promocionar e reforzar pautas de comportamento axeitadas.
  • Promover a superación de dificultades e a aprendizaxe de resolución de conflitos.
  • Promover actitudes e relacións de respeto sin distinción en relación ao xénero, etnia, cultura, creencias relixiosas...
  • Detectar alteraciones no desenvolvemento da personalidade e derivación aos servizos especializados.

ÁREA DE INTEGRACIÓN SOCIAL

CONTEXTO FAMILIAR
  • Favorecer o proceso de normalización familiar atendendo ás necesidades individuais.
  • Atender as demandas de información, orientación e apoio.
  • Propiciar a colaboración da familia durante o procedemento de intervención (dende o ingreso ata a salida).
  • Intervir de maneira coordinada cos recursos implicados na atención ás familias (Servizos Sociais Municipais, centros educativos...).
  • Favorecer a consecución dos obxectivos establecidos dende o ámbito municipal para as familias usuarias do servizo.
  • Fomentar a participación das familias no funcionamento do centro.
  • Fomentar a implicación da familia e a vida do neno/a.

 

CONTEXTO ESCOLAR
  • Potenciar a integración escolar.
  • Apoiar / favorecer o seu rendemento escolar axeitado á idade e/ou ás capacidades e habilidades do/a neno/a.
  • Aprender, reforzar e manter hábitos de estudio axeitados.
  • Colaborar e coordinar actuacións con centros escolares e outros recursos educativos.
  • Implicar ás familias no proceso escolar dos seus/súas fillos/as.
  • Detectar dificultades no proceso de aprendizaxe e derivación aos servizos especializados.

 

CONTEXTO DE LECER E TEMPO LIBRE
  • Planificar actividades de lecer como un medio para a socialización e aprendizaxe de pautas para a convivencia.
  • Fomentar y acompañar en el proceso de aprendizaxe para a organización autónoma do tempo libre.
  • Promover actividades e dinámicas grupais para a aprendizaxe de normas e regras a través do xogo.
  • Motivar e propiciar a participación nas actividades propostas.
  • Informar e reforzar a participación nos distintos recursos e actividades que ofrece o seu entorno (festivais, exposicións, visitas, asociacións,...).
  • Promover a participación dos /as nenos/as en actividades extraescolares.

 

CONTEXTO RESIDENCIAL
  • Coñecer e respetar os espazos e equipamentos do centro.
  • Coñecer e asimilar as normas xerais do centro.
  • Facilitar a adaptación á unidade de referencia e ás súas rutinas.
  • Asimilar normas e valores sociais que fomenten un ambiente de convivencia saudable.
  • Promover o coñecemento e o respecto de todo o persoal do centro.
  • Coñecer e asimilar o contido do"Modelo de convivencia" do centro.

 

PROGRAMAS

  • PROGRAMA DE ATENCIÓN Á INFANCIA
  • PROGRAMA DE APOIO ESCOLAR
  • PROGRAMA COMEDOR
  • PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE

 

METODOLOXIA DA ACCION EDUCATIVA

Dúas palabras claves que contextualizan a intervención educativa: a CALIDADE e a TRANSVERSALIDADE

Tomando como marco de referencia o PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO (PEC), NORMAS DE FUNCIONAMENTO E REGLAMENTO DE RÉXIMEN INTERNO (RRI) e O SISTEMA DE CALIDADE, a intervención educativa se desenvolve a nivel grupal e a nivel individual.

A Intervención educativa grupal se describe na PROGRAMACION ANUAL cos seus obxectivos e actividades, e do seguimento e a avaliación se da conta na MEMORIA ANUAL, de acordo co noso procedemento de PLANIFICACION.

  • Programación anual (P.A.):
  • Memoria anual (M.A.)

A Intervención educativa individual establece o itinerario educativo de cada neno/a. Con esta intervención se pretende incidir na evolución do/a menor, especialmente en aqueles aspectos nos que presenten maiores dificultades, para acadar un desenvolvemento axeitado á súa idade e características individuais. O rexistro empregado para sistematizar esta intervención é o PEI (proxecto educativo individualizado).

a) Elaboración do Informe Inicial e do proxecto educativo individualizado (PEI).

Aos 30 días do ingreso do/a neno/a, se elabora o informe inicial, noque se reflicten as necesidades do/a neno/a nas diferentes áreas de intervención e unha proposta educativa. O PEI é elaborado aos 45 días e nel se concretan e priorizan os obxectivos e as actuacións a desenvolver para a consecución destes.

b) Seguimento e avaliación do PEI. Informe de Seguimento.

Con carácter semestral se elabora o informe de seguimento onde se reflexa a evolución do/a menor e a avaliación dos obxectivos e actuacións establecidas no PEI.

En comisión educativa (CCEE), se realiza o seguimento dos PEIS, a supervisión da aplicación destes e a súa adecuación ó PEC.

Todos os rexistros citados son os incluídos nos Protocolos da Xunta de Galicia para os centros de menores.

A intervención educativa está descrita nos procedementos do sistema de calidade de Intervención educativa (IE), Atención ás familias (AF) e coordinación con axentes externos (CAEX).

 

CADRO DE PERSOAL

 

CATEGORÍA

NÚMERO DE PERSOAS

GRUPO

AUXILIAR ADMINISTRATIVO

1

 

DIRECTORA

1

 

EDUCADORAS

4

2 G.A2

2 G.C1

AUXILIARES EDUCADORAS

12

 

CELADOR

2

 

O.S.V. (limpeza e lavadeiro)

4

 

ENCARGADA DE PORTERÍA

2

 

COCIÑEIROS/AS

4

 

 

***As xornadas laborais están contempladas no organigrama xeral.

 ORGANOS COLEXIADOS

  • Comisión educativa (CC.EE.): 4 educadoras e dirección.
  • Consello de centro.

 

Outros órganos:
  • Personal educativo: 4 educadoras, 12 auxiliares educadoras e 2 celadoras.

 

ORGANIGRAMA

Para coñecer o organigrama do centro, prema na seguinte ligazón

ORGANIGRAMA CENTRO DE DÍA DE MENORES DE FERROL.pdf

 

 

POLITICA DE CALIDADE

A política de calidade establecida é a seguinte:

O Centro de día de menores de Ferrol se compromete a mellorar continuamente na xestión e prestación dos seus servizos así como ó cumprimento dos requisitos da norma ISO 9001:2008 e os legais e reglamentarios que lle afecten, procurando en todo momento a satisfacción dos seus grupos de interese.

A calidade é un compromiso da entidade así como unha responsabilidade individual de cada un dos membros da mesma que tendrá que manifestarse a través das accións que cada un emprenda. Ademais, deberá ser revisada para a súa continua adecuación e actualización, co fin de mellorar continuamente a eficacia do servizo.

A dirección se asegura de que la política de calidade:

  • Sexa axeitada á Misión e ó propósito dos Servizos.
  • Inclúa un compromiso de cumprir cos requisitos e de mellorar continuamente a eficacia do Sistema de Xestión da Calidade.
  • Proporcione un marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos de calidade.
  • Sexa comunicada e entendida dentro da organización.
  • Sexa revisada para a súa continua adecuación.

 

A mellora continua de calidade é un obxectivo permanente e debe reflexarse na percepción dos distintos grupos de interese. Para isto a organización se compromete:

Cos nenos/as:

  • Traballar sempre co fin último de procurar o seu benestar físico, psíquico e social.
  • Respectar e motivar a súa autonomía, autoestima e confianza.
  • Garantir un trato igualitario independentemente de raza, idade, sexo ou relixión.
  • Promover o desenvolvemento persoal atendendo ó individual a través dun enfoque educativo personalizado.

 

Coas familias:

  • Proporcionar un servizo de apoio e atención especializado dirixido ás familias que contribúa a mellorar os procesos de normalización familiar e a compensar as súas dificultades.
  • Promover a participación e implicación das familias na intervención educativa.

 

Cos concellos:

  • Establecer fórmulas de cooperación e coordinación no desenvolvemento dos programas de traballo.
  • Manter unha comunicación continua, áxil e fluída que favoreza a eficacia da intervención socioeducativa.

 

Co persoal:

A profesionalización dos recursos humanos con un estilo organizativo baseado no traballo en equipo, a través:

  • Facilitar a súa participación na toma de decisións relacionadas coa súa competencia profesional e de acordo co Reglamento de Réxime Interno e o Proxecto Educativo de Centro.
  • Dotar dos recursos (materiais, formativos, técnicos...) necesarios para o desenvolvemento das súas funcións e mellora da súa competencia profesional.
  • Permitir o libre exercicio das súas funcións en coherencia co RRI e o PEC.
  • Favorecer un clima laboral "saudable" (cauces de comunicación transparentes, flexibles...).

 

MAPA DE PROCESOS

Para coñecer o mapa de procesos do centro, prema na seguinte ligazón

 MAPA DE PROCESOS.pdf

 

CERTIFICACIÓN DE CALIDADE

Para acceder ó Certificado de calidade do centro, prema na seguinte ligazón

 CERTIFICACION CALIDADE.pdf

ESTATÍSTICAS

Para acceder ás estátísticas do Centro de día de menores de Ferrol, prema na seguinte ligazón

Anualidade 2013-2014: ESTATÍSTICAS.pdf

Anualidade 2014-2015: ESTATÍSTICA 14-15.pdf

PRENSA

Para coñecer os artigos de prensa relacionados co Centro de día de Ferrol, prema na seguinte ligazón

PRENSA.pdf

CONVENIOS DE COLABORACIÓN

Este centro conta con alumnado en prácticas da Universidade da Coruña e Santiago dentro do marco de convenios de colaboración entre a Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago para a realización do Practicum de los estudios de Educación Social.

Ademais de Convenio de colaboración cos seguintes institutos:

  • Instituto San Pedro de Leixa en Ferrol para prácticas de formación profesional de ciclo superior de Dietética.
  • Instituto Sofía Casanova en Ferrol para prácticas de formación profesional de ciclo superior en Educación Infantil.

MEMORIA ANUAL

MEMORIA 2014-2015