Estás en:Servizos Tributarios Preguntas frecuentes Información relativa a taxas

Información relativa a taxas

Aínda que a Deputación xestiona as taxas municipais que os concellos lle delegaron (lixo, rede de sumidoiros, auga, vao...) para cambiar a titularidade ten que poñerse en contacto co concello correspondente ou ben co Consorcio das Mariñas (Tlf: 981 784 704)

Se se cambiou a titularidade dun inmoble tamén é necesario cambiar a titularidade das taxas asociadas a este xa que non se realiza de forma automática.

  1. Para autoliquidar unha taxa (dereitos de exame, aproveitamento e utilización da vía pública ou para a emisión de un informe) debe xerala directamente na nosa Oficina Virtual Tributaria(Pagar taxas - Oficina Virtual Tributaria ) na opción de acceso libre onde debe escoller o tipo de taxa que se quere autoliquidar.