Casa Wenceslao Fernández Flórez
Esta edificación responde ao racionalismo propio da época (finais dos anos 40). Obra do arquitecto Antonio Tenreiro. Arquitectura perfectamente conxuntada e respectuosa coa contorna na que se sitúa a Fraga de Cecebre.
Este inmoble foi adquirido pola Deputación por acordo do pleno en sesión celebrada o 11 de xuño de 1999. O pleno da corporación, en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 2001, aprobou o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez para a utilización deste inmoble.
- Horario:
Sábados, domingos e festivos: pola mañá, de 12:00 a 14:00 h, e pola tarde, de 17:00 a 20:00 h.
Visitas guiadas individuais ou en grupo (máx. 15 persoas por grupo).
Atención a visitantes: correo electrónico fundawenceslaoff@gmail.com
Existe a posibilidade de adaptar o horario para grupos durante os días laborables a través do correo electrónico fundawenceslaoff@gmail.com
