Dolmen de Cabaleiros
Está situado dentro dun peche de cachotería. Conserva restos da mámoa que aparece cuberta de herba, e nos arredores pódense ver piñeiros de gran tamaño.
Popularmente, é coñecido como “Casa da Moura” que, segundo as lendas levou a tampa na cabeza dende moi lonxe, mentres coas mans tecía un vestido. Conserva seis chantas dunha cámara poligonal de 3,10 x 2,70 m., e unha altura de 1,70 m.
A lousa de cubierta, de case 4 x 3,40 m., ten un grosor considerable.
Non foi excavada ata o momento polo que, en caso de existi-lo corredor atoparíase baixo a mámoa.
Visitas libres todos os días da semana.
Visitas guiadas: sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00h (meses de xullo a setembro).
Teléfonos de contacto: 981 690 001 / 981 690 128
Coa colaboración do Concello de Tordoia