Estás en:Patrimonio Castelo de Vimianzo

Castelo de Vimianzo

Esta fortaleza medieval, situada ó pé da estrada da Coruña a Fisterra, ten forma poligonal irregular con catro torreóns orientados ós catro ventos.

A torre, situada ó leste, ten unha pequena porta de acceso a nivel do patio pola que se baixa ó soto do torreón; é a de maiores dimensións e conserva a cantería máis antiga. A torre máis alta é a sur; a principal, ou da homenaxe, que domina o acceso ó castelo. Dando ó patio atópase unha edificación en forma de L,que apoia nas murallas e torreóns norte e leste. Tódalas murallas do castelo están rematadas por elegantes ménsulas que soportan as ameas e permiten a existencia de matacáns. As últimas intervencións, sendo propiedade da Deputación da Coruña, proxectounas e dirixiu o arquitecto Luís Gorozarri del Valle.

Durante todo o ano, atende ao público un conserxe e persoal das áreas de cultura e desenvolvemento local. VISITA LIBRE

De martes a domingo , excepto Nadal e Aninovo.

  • Temporada Baixa: (1 xaneiro-14 xuño): (10.00 h a 14.00 h //16.00 h a 18.30 h)
  • Temporada Alta: (15 xuño-15 setembro): (10.30 h a 14.00 h //16.00 h a 20.30h)
  • Semana Santa: (1 abril ao 9 abril): (10.00 h a 14.00 h //16.00 h a 20.30 h)
  • Os días 24 e 31 de decembro: 10:00 a 14:00
  • Pechado: os luns, 1 xaneiro, 22 maio e 25 de decembro

VERÁN: de xullo ao 15 setembro: 10.30 h a 14.00 h //16.00 h a 20.30h

ACTIVIDADES:

  • Mostra de artesanía en vivo ata o 15 de setembro
  • Visitas teatralizadas os domingos ás 12:00 e ás 17:00 horas
  • Paseos con historia
  • Visitas guiadas: de martes a venres ás 11:00 e ás 19:00 horas e os sábados ás 19:00 horas.

 

Teléfono de atención a visitantes: 981 716 354 (de luns a venres)

Coa colaboración do Concello de Vimianzo