Funcións
Asesoramento lingüístico
A función básica do SNL é a de facer progresar a lingua, incrementar o seu uso na organización e mellorar a calidade da comunicación. Desenvolvemos, por tanto, actuacións destinadas a dotar de prestixio o galego. Para iso cómpre intervir ademais sobre a propia lingua e as súas aplicacións. Neste último aspecto, promovemos as seguintes accións:
-
Mellorar a calidade lingüística e comunicativa dos textos escritos.
-
Normalizar a imaxe lingüística da organización.
-
Fixar criterios lingüísticos propios da organización.
-
Ofrecer asesoramento lingüístico.
-
Elaborar documentos - modelo do organismo -formularios, cartas, actas, nóminas, facturas, etc.-.
Dinamización lingüística
-
Promover actuacións encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía, en todos os eidos. Prestaráselle especial atención á poboación máis nova e ás organizacións.
-
Propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien ao persoal e á sociedade respecto do uso da lingua galega.
-
Propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.
Sociolingüística / Formación
-
Difusión de materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos que axuden ao traballo en galego, etc.
-
Colaboración no deseño de programas de formación lingüística e non lingüística (contidos favorables á mellora das actitudes).